A Asociación Cultural Arumes do Corgo foi unha das promotoras da Asociación Terras de Lugo que xestionará os fondos LEADER na comarca de Lugo até finais do 2013. De feito o secretario de Arumes (Mario Otero Iglesias) ocupa o posto de presidente na Xunta Directiva de Terras de Lugo.
Neste intre Terras de Lugo xa é oficialmente o xestor dos fondos LEADER por resolución de AGADER e o vindeiro mércores (21 de xaneiro) asinarase o convenio. Así que como toda asociación desta embergadura procederase inmediatamente á contratación do equipo xestor (que inicialmente consta dun coordinador técnico e dun administrativo).
No seguinte enlace tes as bases de selección de persoal (aprobadas na Xunta Directiva de Terras de Lugo o pasado 14 de xaneiro) e toda a información relacionada co proceso (impresos, convocatorias...):
http://terrasdelugo.blogspot.com
sábado, 17 de enero de 2009
jueves, 15 de enero de 2009
GABRIELE BASILICO "INTERCITY"
Gabriele Basilico (Milán, 1944) leva trinta anos fotografando a arquitectura ou, máis concretamente, a paisaxe urbana. De formación arquitecto, sinte especial atracción polas marxes, as periferias, as denominadas “zonas fronteirizas”. Tanto nos seus proxectos persoais como nos de encarga, a súa investigación centrouse en dar conta da continua transformación da imaxe da cidade. “Gabriele Basilico. Intercity”, a escolma que podemos ver o vindeiro venres, 23 de xaneiro de 2009 ás 19:30 h no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia de Lugo, amosa a devoción do fotógrafo italiano.