Relación das actividades que a A.C. Arumes do Corgo e o C.E.C., teñen previsto realizar este ano 2014,
- Ruta polo Camiño do Miño (Outeiro de Rei).- Sábado 17 de maio
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello do Corgo).
Distancia: 18 km (aproximadamente).
- Encontro das Asociacións: Sábado 31 de maio
Asociación organizadora: Arcas de Sarria
Programa: 9:30 chegada dos grupos participantes ao Hotel Alfonso IX; 10:00 comezo do roteiro “Da Foz das Aceas” polas beiras do rio Sarria e Celeiro ( ribela.- acea de baixo.- acea de riba-. ponte de fafián.- veigadelo-farbán.- mosteiro da madalena.- ponte da áspera.- ponte vella do mazadoiro.- ponte vella.- ponte ribeira) 14:30 xantar no Hotel Alfonso IX, pola tarde haberá actuacións de animación cultural no Parque da Sociedade La Unión
- Encontro Senderista e cultural “ Lucus a pé”.- Domingo 8 de xuño
A Sociedade Micolóxica Lucus convidanos ao igual que o ano pasado a participar nesta actividade. Será unha ruta de 18 km. Próximamente os informaremos das datas para preinscribirse.
- Excursión a Combarro-Mosteiro de Poio: Sábado 21 de xuño
- Actuación do grupo de Teatro Rebuldeira: Sábado 28 de xuño
Hora: as 21.00 h da tarde no Centro Sociocultural do Corgo. Entrada gratuita
Posta en escena da obra: “O achado do castro” Sinopse: divertida historia na que Manolitus e Camiñae son unha parella de xóvenes namorados. A súa relación non goza dos parabéns do Emperador, pai da rapaza, nin da ríquisima Arpexia, nai do primeiro. Dous vagabundos intentan, sen moito éxito, colarse no pazo e roubarlle o mellón ao Emperador para poder ser os xefes do Estado.
- Excursión a San Sebastián.- Sábado 5 e domingo 6 de xullo.
- Viaxe gastronómica: Feira do viño de Valdeorras: Domingo 13 de xullo
- Presentación II libro recopilatorio Premios Certame Literario “Terras de Chamoso”
- Presentación artigos revista Corga nº 5
- II Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes:
Domingo 20 de xullo
- Presentación da revista Corga nº 5.
Lugar: Galeria de Sargadelos (Plaza de Santo Domingo)
- Ruta de sendeirismo pola variante do Camiño de Santiago.- Padornelo: Sábado de setembro
- VI Carreira Popular “Arumes do Corgo”. Outubro
- Curso sobre ecoloxía e identificación de cogumelos: 13, 14 de Novembro. Saída ao campo : Sábado ,15 Novembro (pola mañá)
- Actuación do grupo Metátese de Teatro : Sábado 22 de novembro
Hora: as 20.00 h da tarde no Centro Sociocultural do Corgo. Entrada gratuita
Posta en escena da obra: “Facemos a guerra” Sinopse: Espectaculo que aborda o tema da guerra desde o punto de vista do absurdo. Amosa como uns soldados de ambos bandos obedecen ao mesmo xeneral, como se aburren, como unha familia goza dun día no campo de batalla, incluso xantando cun prisioneiro…….. transitando entre o cómico e o poético preténdese levar ao espectador cara a reflexión e o riso.
- VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”. O 15 de novembro remata o prazo para entregar as obras para o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”, en calquera das súas categorías ( infantil, xuvenil, e adultos) e modalidade (poesía
e relato curto). Os traballos poden enviarse por email a dirección: arumescorgo@gmail.com ,ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo).
- Club de Lectura. Novembro
- VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”. O Certame Literario concluirá co acto de entrega de premios aos gañadores que será Sábado 20 de decembro no Centro Sociocultural do Corgo.
Para calquera actividade poden confirmar a súa asistencia, nos plazos que respectivamente lles comunicamos, no correo: arumescorgo@gmail.com
Esperamos contar coa súa presenza.
A XUNTA DIRECTIVA