miércoles, 18 de diciembre de 2019

RESOLUCIÓN DO XIII CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XIII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”


Sendo as 18:30 h do día 17 de decembro de 2019, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XIII edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:

D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna. Natalia Lema Otero
D. Xosé Carlos Ulloa García
Dna. Chelo Vázquez Castro

Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.

Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XIII edición do certame literario “Terras de Chamoso” como segue:

CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade: poesía
   1º premio: Erika Trashorras Pérez, de Trashorras (Castroverde), pola obra “Un mundo distinto”.
   2º premio: Adrián Río Taboada, de Lugo, pola obra “Galicia, a miña terra”.
Modalidade: relato
   1º premio: Valle Reija Lamela, de Lugo, pola obra “A malla xa chegou”.
   2º premio: Javier Dorado Lenza, da Esperela (Baleira), pola obra “Entras á casa... e está baleira”.
   Premio “A Legua Dereita”: Valle Reija Lamela, de Lugo, pola obra “A malla xa chegou”.

CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade: poesía
   1º premio: Sandra Rodríguez Macía, de Monforte de Lemos, pola obra “Teño un baleiro dentro de min”.
   2º premio: Brais Viso Romero, de Ourense, pola obra “As Terras do Miño”.
Modalidade: relato
   1º premio: Beatriz Gómez Coelho, de Couso (Cervantes), pola obra “Chove por nós”.
   2º premio: Sandra Rodríguez Macía, de Monforte de Lemos, pola obra “O colar de cunchas”.

CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade: poesía
   1º premio: Martiño Maseda Lozano, de Xoibán (Vilalba), pola obra “A fala das mans”.
   2º premio: Xosé Antón Núñez Álvarez, “Toño Núñez”, de Lugo, pola obra “Patacas”.
   1º accésit: Emilio Silva Otero, de Romeán (Lugo), pola obra “Ruínas paralelas”.
Modalidade: relato
   1º premio: Rosario Valcárcel Mato, de A Caeira (Poio), pola obra “Espello”.
   2º premio: Emilio Silva Otero, de Romeán (Lugo), pola obra “Non haberá máis silencio”.

Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita” e de Dna. Josefa González Díaz e D. Manuel Fernández López polo seu asesoramento nas categorías infantil e xuvenil.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 20:30 h do día 17 de decembro de 2019.