ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XIV EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”
Sendo as 20:00 h do día 18 de decembro de 2020, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XIV edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:
D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna. Eva González Álvarez, “Eva Xanín”
D. Anxo Boán Rodríguez
D. Manuel Muñiz Besteiro
Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.
Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XIV edición do certame literario “Terras de Chamoso” como segue:
CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade:
poesía
1º
premio: Ceibe Gil Fernández-Coronado, de
Pereiramá (Castroverde), pola obra “As guerras”.
2º
premio: Daniel Rielo Rodríguez, de Barredo
(Castroverde), pola obra “2020”.
Modalidade:
relato
1º
premio: deserto.
2º
premio: Uxía Reija Folgueira, de Outeiro
(Castroverde), pola obra “O día de San Xoán”.
Premio “A Legua Dereita”: deserto.
CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade:
poesía
1º
premio: Mariña Maceiras Segovia, de Pontevedra,
pola obra “Tríade poética”.
2º
premio: Paula Domínguez Barreiro, de Pontevedra,
pola obra “A débeda”.
Modalidade:
relato
1º
premio: Mariña Maceiras Segovia, de Pontevedra, pola obra “Unha bágoa para a aprendizaxe”.
2º premio: Alaitz Otero Gómez, de Cambados (Pontevedra), pola obra “A débeda”.
CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade:
poesía
1º
premio: Verónica Pousada Pardo, de Riós
(Ourense), pola obra “Áiax sen punición”.
2º
premio: Martiño Maseda Lozano, de Xoibán
(Vilalba), pola obra “Choiva silenciosa”.
Modalidade:
relato
1º
premio: Manuel Antonio Piñeiro Fernández,
de Ribeira (A Coruña), pola obra “Gaiola”.
2º premio: Lourdes Maceiras García, de Santiago de Compostela, pola obra “Na fraguiza”.
Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita” e de Dna. Chelo Vázquez Castro e D. Manuel Fernández López polo seu asesoramento nas categorías infantil e xuvenil.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 21:30 h do día 18 de decembro de 2020.