viernes, 5 de septiembre de 2008

Campaña de captación de socios

Nos tres anos de vida da Asociación, os promotores da mesma realizaron dende sempre actividades abertas a todos os públicos (fundamentalmente veciños do concello do Corgo e da contorna). Despois desta andaina (cinema, maxia, patrimonio, lingua e literatura, natureza...), é hora de formalizar relacións e apoiar dende dentro a Asociación para que siga medrando na calidade e na cantidade de actividades (abertas ou nas que os socios teñan certas vantaxes).

Os menores de 18 anos (socios xuvenís) teñen unha cota anual de 5 €, mentres que os demais socios numerarios teñen unha cota anual de 10 € (por domiciliación bancaria). Así que apoia a Arumes asociandote e participando no deseño e na realización de actividades.

Baixar boletín de inscrición.

lunes, 1 de septiembre de 2008

III Xornadas sobre patrimonio

A riqueza fluvial nas Terras de Chamoso

A Asociación Cultural Arumes do Corgo convídate a participar nas "III Xornadas sobre patrimonio", que nesta terceira edición se centran no patrimonio natural e en concreto na "Riqueza Fluvial das Terras de Chamoso".

Este evento que todos os anos reúne á xente interesada no patrimonio do concello do Corgo e da contorna, celebrarase os días 13 e 14 de setembro cun programa do máis variado. As rutas de sendeirismo e os relatorios temáticos, xúntanse este ano con actividades de lecer (música e baile tradicional, xogos populares e contacontos), con visitas guiadas e táboas redondas.

Ver o programa de actividades

Como chegar ás actividades (mapas)


A maiores editarase un libriño (arredor de 1000 exemplares) sobre a Riqueza fluvial das Terras de Chamoso, que recolle, ademais de información xeral sobre o tema, todo o patrimonio a destacar nas proximidades das dúas rutas de sendeirismo que se realizarán nas xornadas.

Quen somos?


FICHA TÉCNICA

DATA FUNDACIONAL: 7 de outubro de 2005
TELÉFONO
: 626 73 93 90
CORREO-E: arumescorgo@gmail.com
PÁXINA WEB:
http://arumescorgo.blogspot.com/


QUEN SOMOS?

A Asociación Cultural Arumes do Corgo é un colectivo con tres anos de actividade preocupado pola cultura do país e centrado no territorio de actuación que é o Concello do Corgo e arredores. Patrimonio, natureza, literatura, etnografía, lecer... son campos nos que levamos traballado ata o de agora coa axuda das institucións públicas e a colaboración con varias asociacións da comarca.

QUE FIXEMOS?

2005
  • Xornadas de maxia e cinema (Nadal).

2006

  • Contacontos: Fátima (Semana Santa).
  • Ruta do Camiño Real (Semana Santa e verán).
  • II Xornadas de cinema (verán).
  • I Xornadas sobre patriomonio: “a Vía romana XIX-XX” (setembro).

2007

  • III Xornadas de cinema (verán).
  • II xornadas sobre patrimonio: “O Corgo na ruta xacobea” (setembro).
  • Catalogación dos sartegos do Corgo (setembro).
  • I Certame Literario “Terras de Chamoso” (Nadal).

2008

  • I Xornadas de oficios artesanais: “O tecido” (Semana Santa).
  • Cen anos de Himno, en colaboración coa A.C. Legua dereita (Maio).
  • Ruta Albardeiro-Adai, en colaboración coa A.C. Amigos do Patrimonio de Castroverde (Maio).

QUE FAREMOS?

Antes de final de ano (pero sen data definida) queremos levar a cabo as seguintes actividades:

  • III Xornadas sobre patrimonio: “A riqueza fluvial nas Terras de Chamoso”.
  • II Certame Literario “Terras de Chamoso”.
  • II Xornadas de oficios artesanais: “A cestería”.
  • Excursións.