- Camiño de Santiago
(Fisterra): 4ª Etapa: Corcubión-Fisterra-Faro.-Sábado 12 de abril
Distancia:16,4 km (aproximadamente).
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
- Club de
Lectura.- Venres 25 de abril O libro que imos ler nesta ocasión é "A
BIBLIOTECA DA IGUANA", de Xosé Miranda. - Coma sempre
podedes pedir prestado o libro á Asociación.
Hora: as 20:00 h. na Casa das
Asociacións
- Ruta de sendeirismo: A
Fonsagrada-Rio de Porcos- Feira do viño de Negueira de Muñiz. Sábado 26 de abril
Prazo máximo para apuntarse: 20 de abril (debido a que nesa zona
non poden circular autobuses de mais de 31 prazas, unha vez que se cubran
esas prazas pecharemos a inscripción)
Breve parada na
Fonsagrada. Despois visitaremos a Seimeira de Vilagocende (camiñata dende o
autobus de 1km ida e outro de volta). Na Ponte de Villabol de Suarna comenzamos unha
ruta de sendeirismo duns 10 km. aprox., percorrrido de gran veleza paisaxísta
ata Vilar de Cuiña. De aquí desprazámonos a Río de Porcos (camiñata
aprox. dende o autobus de 1km ida e outro de volta). Xantar en Negueira
de Muñiz onde se celebra ese dia a súa Feira do viño.
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello)
Prezo: 22€.
- Revista Corga: Está
aberto o prazo de entrega de traballos para o número 5 da revista Corga,
e remata
o 30 de abril. Os criterios de publicación están expostos no Regulamento
de Réxime Interno (e resumidos nas Normas de publicación) que poderá atopar no
blog do Centro de Estudos do Corgo: http://ocorgo.blogspot.com .
- Excursión á fervenza do Ézaro (Dumbría-A Coruña) e
ruta de sendeirismo .- Sábado 3 de maio
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
Prazo máximo para apuntarse: 26
abril
Prezo: Socios 12€ (cada persoa levara se quere bocata e bebida). Non
socios: 14€
- Excursión a
Combarro-Mosteiro de Poio: Sábado 17 de maio
Prazo máximo para apuntarse : 6 de maio.
- Encontro das
Asociacións: Sábado 31 de maio
Asociación
organizadora: Arcas de Sarria
Programa: 9:30 chegada
dos grupos participantes ao Hotel Alfonso IX; 10:15 comezo do roteiro “Da Foz
das Aceas” polas beiras do rio Sarria; 14:30 Xantar
Prazo : Ata o 15 de marzo (para que poidan
reservar con antelación o restaurante).
- Viaxe gastronómica:
Feira do viño de Valdeorras: Domingo 13 de xullo
- II Xuntanza de
verán dos socios e familiares da A.C. Arumes:
Domingo 27
de xullo
Lugar: Carballeira do San
Bernabé (Castrillón)
Hora: As 14 h..- Cada
socio que queira participar, terá que poñerse en contacto cos
socios organizadores, para indicar o nº de persoas que vai levar a
xuntanza. O importe total dividirase por o número de asistentes que
participen.
Prazo máximo para
apuntarse: 20 de xullo
- Curso sobre
ecoloxía e identificación de cogumelos: 13, 14 de
Novembro. Saída ao campo : Sábado ,15 Novembro (pola mañá)
- VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”.
O 15
de novembro remata o prazo para entregar as obras para o
VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”, en calquera das súas categorías (
infantil, xuvenil, e adultos) e modalidade (poesía
e relato curto). Os
traballos poden enviarse por email a dirección: arumescorgo@gmail.com ,ou
por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das
Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo).
Para calquera actividade poden confirmar a súa asistencia,
nos plazos que respectivamente lles comunicamos, no correo: arumescorgo@gmail.com
Esperamos contar coa súa presenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario