AMPLÍASE O PRAZO DE ENTREGA DE TRABALLOS PARA O VII CERTAME LITERARIO TERRA DE CHAMOSO ATA O DÍA 5 DE DECEMBRO.
O prazo amplíase para a entrega de traballos de todas as categorías (infantil, xuvenil e adultos). Os traballos poden enviarse por email a dirección: arumescorgo@gmail.com ,ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo).
A entrega de premios terá lugar o sábado día 20 de Decembro no Centro Sociocultural do Corgo.
sábado, 22 de noviembre de 2014
viernes, 3 de octubre de 2014
VI CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"
Despois do éxito das cinco primeiras edicións, o 25 de outubro de 2014 (sábado) celebrarase pola tarde, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a sexta carreira popular pedestre "ARUMES DO CORGO".
- Limiar
- Premios
- Inscrición:
- Divulgación:
- Presentación da carreira:
jueves, 15 de mayo de 2014
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO
Relación das actividades que a A.C. Arumes do Corgo e o C.E.C., teñen previsto realizar este ano 2014,
- Ruta polo Camiño do Miño (Outeiro de Rei).- Sábado 17 de maio
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello do Corgo).
Distancia: 18 km (aproximadamente).
- Encontro das Asociacións: Sábado 31 de maio
Asociación organizadora: Arcas de Sarria
Programa: 9:30 chegada dos grupos participantes ao Hotel Alfonso IX; 10:00 comezo do roteiro “Da Foz das Aceas” polas beiras do rio Sarria e Celeiro ( ribela.- acea de baixo.- acea de riba-. ponte de fafián.- veigadelo-farbán.- mosteiro da madalena.- ponte da áspera.- ponte vella do mazadoiro.- ponte vella.- ponte ribeira) 14:30 xantar no Hotel Alfonso IX, pola tarde haberá actuacións de animación cultural no Parque da Sociedade La Unión
- Encontro Senderista e cultural “ Lucus a pé”.- Domingo 8 de xuño
A Sociedade Micolóxica Lucus convidanos ao igual que o ano pasado a participar nesta actividade. Será unha ruta de 18 km. Próximamente os informaremos das datas para preinscribirse.
- Excursión a Combarro-Mosteiro de Poio: Sábado 21 de xuño
- Actuación do grupo de Teatro Rebuldeira: Sábado 28 de xuño
Hora: as 21.00 h da tarde no Centro Sociocultural do Corgo. Entrada gratuita
Posta en escena da obra: “O achado do castro” Sinopse: divertida historia na que Manolitus e Camiñae son unha parella de xóvenes namorados. A súa relación non goza dos parabéns do Emperador, pai da rapaza, nin da ríquisima Arpexia, nai do primeiro. Dous vagabundos intentan, sen moito éxito, colarse no pazo e roubarlle o mellón ao Emperador para poder ser os xefes do Estado.
- Excursión a San Sebastián.- Sábado 5 e domingo 6 de xullo.
- Viaxe gastronómica: Feira do viño de Valdeorras: Domingo 13 de xullo
- Presentación II libro recopilatorio Premios Certame Literario “Terras de Chamoso”
- Presentación artigos revista Corga nº 5
- II Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes:
Domingo 20 de xullo
- Presentación da revista Corga nº 5.
Lugar: Galeria de Sargadelos (Plaza de Santo Domingo)
- Ruta de sendeirismo pola variante do Camiño de Santiago.- Padornelo: Sábado de setembro
- VI Carreira Popular “Arumes do Corgo”. Outubro
- Curso sobre ecoloxía e identificación de cogumelos: 13, 14 de Novembro. Saída ao campo : Sábado ,15 Novembro (pola mañá)
- Actuación do grupo Metátese de Teatro : Sábado 22 de novembro
Hora: as 20.00 h da tarde no Centro Sociocultural do Corgo. Entrada gratuita
Posta en escena da obra: “Facemos a guerra” Sinopse: Espectaculo que aborda o tema da guerra desde o punto de vista do absurdo. Amosa como uns soldados de ambos bandos obedecen ao mesmo xeneral, como se aburren, como unha familia goza dun día no campo de batalla, incluso xantando cun prisioneiro…….. transitando entre o cómico e o poético preténdese levar ao espectador cara a reflexión e o riso.
- VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”. O 15 de novembro remata o prazo para entregar as obras para o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”, en calquera das súas categorías ( infantil, xuvenil, e adultos) e modalidade (poesía
e relato curto). Os traballos poden enviarse por email a dirección: arumescorgo@gmail.com ,ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo).
- Club de Lectura. Novembro
- VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”. O Certame Literario concluirá co acto de entrega de premios aos gañadores que será Sábado 20 de decembro no Centro Sociocultural do Corgo.
Para calquera actividade poden confirmar a súa asistencia, nos plazos que respectivamente lles comunicamos, no correo: arumescorgo@gmail.com
Esperamos contar coa súa presenza.
A XUNTA DIRECTIVA
martes, 8 de abril de 2014
PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO
- Camiño de Santiago
(Fisterra): 4ª Etapa: Corcubión-Fisterra-Faro.-Sábado 12 de abril
Distancia:16,4 km (aproximadamente).
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
- Club de
Lectura.- Venres 25 de abril O libro que imos ler nesta ocasión é "A
BIBLIOTECA DA IGUANA", de Xosé Miranda. - Coma sempre
podedes pedir prestado o libro á Asociación.
Hora: as 20:00 h. na Casa das
Asociacións
- Ruta de sendeirismo: A
Fonsagrada-Rio de Porcos- Feira do viño de Negueira de Muñiz. Sábado 26 de abril
Prazo máximo para apuntarse: 20 de abril (debido a que nesa zona
non poden circular autobuses de mais de 31 prazas, unha vez que se cubran
esas prazas pecharemos a inscripción)
Breve parada na
Fonsagrada. Despois visitaremos a Seimeira de Vilagocende (camiñata dende o
autobus de 1km ida e outro de volta). Na Ponte de Villabol de Suarna comenzamos unha
ruta de sendeirismo duns 10 km. aprox., percorrrido de gran veleza paisaxísta
ata Vilar de Cuiña. De aquí desprazámonos a Río de Porcos (camiñata
aprox. dende o autobus de 1km ida e outro de volta). Xantar en Negueira
de Muñiz onde se celebra ese dia a súa Feira do viño.
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello)
Prezo: 22€.
- Revista Corga: Está
aberto o prazo de entrega de traballos para o número 5 da revista Corga,
e remata
o 30 de abril. Os criterios de publicación están expostos no Regulamento
de Réxime Interno (e resumidos nas Normas de publicación) que poderá atopar no
blog do Centro de Estudos do Corgo: http://ocorgo.blogspot.com .
- Excursión á fervenza do Ézaro (Dumbría-A Coruña) e
ruta de sendeirismo .- Sábado 3 de maio
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
Prazo máximo para apuntarse: 26
abril
Prezo: Socios 12€ (cada persoa levara se quere bocata e bebida). Non
socios: 14€
- Excursión a
Combarro-Mosteiro de Poio: Sábado 17 de maio
Prazo máximo para apuntarse : 6 de maio.
- Encontro das
Asociacións: Sábado 31 de maio
Asociación
organizadora: Arcas de Sarria
Programa: 9:30 chegada
dos grupos participantes ao Hotel Alfonso IX; 10:15 comezo do roteiro “Da Foz
das Aceas” polas beiras do rio Sarria; 14:30 Xantar
Prazo : Ata o 15 de marzo (para que poidan
reservar con antelación o restaurante).
- Viaxe gastronómica:
Feira do viño de Valdeorras: Domingo 13 de xullo
- II Xuntanza de
verán dos socios e familiares da A.C. Arumes:
Domingo 27
de xullo
Lugar: Carballeira do San
Bernabé (Castrillón)
Hora: As 14 h..- Cada
socio que queira participar, terá que poñerse en contacto cos
socios organizadores, para indicar o nº de persoas que vai levar a
xuntanza. O importe total dividirase por o número de asistentes que
participen.
Prazo máximo para
apuntarse: 20 de xullo
- Curso sobre
ecoloxía e identificación de cogumelos: 13, 14 de
Novembro. Saída ao campo : Sábado ,15 Novembro (pola mañá)
- VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”.
O 15
de novembro remata o prazo para entregar as obras para o
VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”, en calquera das súas categorías (
infantil, xuvenil, e adultos) e modalidade (poesía
e relato curto). Os
traballos poden enviarse por email a dirección: arumescorgo@gmail.com ,ou
por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das
Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo).
Para calquera actividade poden confirmar a súa asistencia,
nos plazos que respectivamente lles comunicamos, no correo: arumescorgo@gmail.com
Esperamos contar coa súa presenza.
lunes, 17 de febrero de 2014
NOVAS ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES
Xa ben entrados no 2014, as actividades da A.C. Arumes continúan. Informamos dalgunhas delas co gallo de que participedes con nós.
Visita á exposición: “Tear, tecidos e teceláns”.
Mércores 19 de febreiro
Lugar.Capela de Santa María.
Hora : 17:00 h (diante da capela). Nesta mostra recréase todo o proceso de fabricación artesá dun produto téxtil dende o momento da preparación do fío. Exhíbense máis de 20 pezas, entre as que figuran un tear, urdideiras ou lizos, así como 15 mostras de diferentes tecidos realizados con esta técnica. Na Sala do Centro de Artesanía tamén se amosan ó público 15 pezas realizadas con tear tradicional con materiais como estopa, algodón, lá de ovella tinguida ou liño.
Asistiremos ademais a unha demostración en vivo na Sala de Exposicións do Centrad. A entrada á exposición e ás demostracións é gratuita.
Celebración do entroido: Xantar de confraternización
Sábado 1 de marzo
Hora:14:00h no Hostal Prados (NVI -Veiga de Anzuelos (fronte a Leite Río)). Prazo máximo para apuntarse: 23 de febreiro.
Prezo: 15€.
Curso de inxertos, poda, e pragas de árbores frutais. Sábado 22 de marzo
Clases teóricas e practicas.
Prazo máximo para apuntarse: 15 de marzo
Excursión a Rioxa e Haro.- Sábado e Domingo (29 e 30 de marzo).
Prezo: 105€ socios (inclúe: autobús, comida, cena e aloxamento do sábado, almorzo e comida do domingo, guía, e seguro de viaxe. Non inclúe entradas aos monumentos) - 110€ non socios (sempre que queden vacantes).
Prazo máximo para apuntarse e pagar: 9 de marzo.
(Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 40 persoas).
Club de Lectura.- Escolleuse nesta edición ao autor Xosé Miranda. Proximamente comunicaremos a obra escollida.
Ruta de sendeirismo: A Fonsagrada-Rio de Porcos. Sábado 26 de abril
Prazo máximo para apuntarse: 20 de abril
Encontro das Asociacións: Sábado 31 de maio
Asociación organizadora: Arcas de Sarria
Programa: 9:30 chegada dos grupos participantes ao Hotel Alfonso IX- 10:15 comezo do roteiro “Da Foz das Aceas” polas beiras do rio Sarria. 14:30 Xantar
Prazo : Ata o 15 de marzo (para que poidan reservar con antelación o restaurante).
Excursión a Combarro-Mosteiro de Poio: Domingo 22 de xuño
Prazo máximo para apuntarse : 15 de xuño.
Viaxe gastronómica: Feira do viño de Valdeorras: Domingo 13 de xullo
II Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes:
Domingo 27 de xullo
Lugar: Carballeira do San Bernabé (Castrillón)
Hora: 14.00 h..- Cada socio que queira participar, terá que poñerse en contacto cos socios organizadores, para indicar o número de persoas que vai levar á xuntanza. O importe total dividirase polo número de asistentes que participen.
Prazo máximo para apuntarse: 20 de xullo
Tamén continuaremos a realizar etapas do Camiño de Santiago, ata chegarmos a Fisterra. Anunciaremos proximamente as datas.
Agardamos dende a A.C. Arumes que as actividades sexan do voso agrado e nos acompañedes.
PREMIOS DA VII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”
O sábado, 21 de decembro, as 8 da tarde no Centro Sociocultural de O Corgo celebrarase a entrega de premios do VII Certame Literario "Terras de Chamoso".
A maiores da entrega dos premios aos gañadores disfrutamos da actuación de música e baile a cargo da Asociación A Legua Dereita de O Corgo e dos músicos Tonecho Castelos e Pablo Esqueira e un recital a cargo dos agasallados, que nos ofreceron as poesías gañadoras no certame.
Os premiados nesta edición foron:
CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade: poesía
1º premio: Carla Castedo Pereira de Francelos (Castroverde), pola obra “Soñar”.
2º premio: Lara Domínguez Chantres de Cádavo (Baleira), pola obra “A choiva”.
Modalidade: relato
1º premio: Alicia garcía Cabaleiro de Laxes (O Corgo), pola obra “O ladrón de personaxes”.
2º premio: Unai Celeiro Díaz de Touville (Láncara), pola obra “O Castiñeiro ledo”.
CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade: poesía
1º premio: Cristina Pernas Pereiro de Paradela (O Corgo), pola obra “Saudade dun piano de guerra”.
2º premio: Sabela Rodríguez Reino de A Coruña, pola obra “A música vai por dentro”.
Modalidade: relato
1º premio: Antón Vázquez Arias de Zolle (Guntín), pola obra “Beleza Inerte”.
2º premio: Lucía González Campos de Montecubeiro (Castroverde), pola obra “Témoste aquí, queridiña”.
CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade: poesía
1º premio: Rocio Leira Castro de Pereira-cée (A Coruña), pola obra “Mensaxes Cifradas” .
2º premio: Xosé Otero Canto de Lugo, pola obra “Perdida Vaga”.
Modalidade: relato
1º premio: José A. Castro Ferreiro de Lugo, pola obra “Berce de Soños”.
2º premio: Beatriz López Dorado de Lugo, pola obra “Bicos Carmiña”.
Agradecemos dende a Xunta Directiva da A.C. Arumes a colaboración das persoas que formaron parte do xurado nesta edición:
D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna Adela Figueroa Panisse
D. Carlos M. Callón Torres
Noraboa a todos os premiados e o noso agradecemento aos moitos participantes que ano tras ano presentan traballos a este certame, salientables tanto en número como en calidade.