ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”
Sendo as 18:00 h do día 18 de decembro de 2018, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XII edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:
D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna. Adela Clorinda Figueroa Panisse
Dna. Adolfina Mesa Goyo
D. Martiño Maseda Lozano
Exercendo de secretaria do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.
Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XII edición do certame literario “Terras de Chamoso” como segue:
CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade: poesía
1º premio: Eva Mª Cordero Becerra, de Fonteita (O Corgo), pola obra “Para cavilar”.
2º premio: Claudia Ledo Folgueira, de Monte (Castroverde), pola obra “Outono”.
Modalidade: relato
1º premio: Álvaro Muñiz Pérez, de Barredo (Castroverde), pola obra “O nabal de Lugo”.
2º premio: Noa Pardeiro Vivero, da Frairía (Castroverde), pola obra “Amor e compañía...”.
Premio “A Legua Dereita”: Constantino Abuín Torrón, de Tórdea (Castroverde), pola obra “Roldán”.
CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade: poesía
1º premio: Deserto.
2º premio: Alicia López Besteiro, de Lugo, pola obra “Pasado indeleble”.
Modalidade: relato
1º premio: Deserto.
2º premio: Deserto.
CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade: poesía
1º premio: Verónica Pousada Pardo, de Riós (Ourense), pola obra “Vertixe”.
2º premio: Carlos López Fernández, de Vilalba, pola obra “Mitteleuropa”.
Modalidade: relato
1º premio: Xosé Sobral Amoedo, de Santiago de Compostela, pola obra “Vida salvaxe”.
2º premio: Sonia Puertas Martínez, de Tui, pola obra “O último día”.
Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita” e de Dna. Josefa González Díaz, Dna. Mª Consuelo Vázquez Castro e D. Manuel Fernández López polo seu asesoramento nas categorías infantil e xuvenil.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 20:00 h do día 18 de decembro de 2018.
No hay comentarios:
Publicar un comentario