domingo, 19 de diciembre de 2021

RESOLUCIÓN DO XV CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

 ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XV EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”


Sendo as 19:30 h do día 13 de decembro de 2021, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XV edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:

 

D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano

D. Xosé Manuel Castro Castedo

Dna. Beatriz López Dorado

Dna. Ana Vila Portomeñe

Dna. Chelo Vázquez Castro

 

Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.

 

Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XV edición do certame literario “Terras de Chamoso” como segue:

 

CATEGORÍA: INFANTIL

Modalidade: poesía

1º premio:  Daniel Rielo Rodríguez, de Barredo (Castroverde), pola obra “O inverno galego”.

2º premio:  Ceibe Gil Fernández-Coronado, de Outeiro (Castroverde), pola obra “A mensaxe”.

Modalidade: relato

1º premio:  Abel Fernández Brea, de Valdriz (Láncara), pola obra “A Santa Compaña”.

2º premio:  Noa García Valín, da Pobra de San Xiao (Láncara), pola obra “A matanza”.

Premio “A Legua Dereita”: Joel Barrio Rodríguez, de Maceda (O Corgo), pola obra “A vida rural”.

 

CATEGORÍA: XUVENIL

Modalidade: poesía

1º premio:  deserto.

2º premio:  deserto.

Modalidade: relato

1º premio:  Deserto.

2º premio:  Deserto.

 

CATEGORÍA: ADULTOS

Modalidade: poesía

1º premio:  Néstor Bacelar Domínguez, de Vigo, pola obra “Arden as flores de outono”.

2º premio:  Carlos Neira Suárez, da Coruña, pola obra “A gadaña de Maruxa”.

Modalidade: relato

1º premio:  Moncho Iglesias Míguez, de Vigo, pola obra “O Moisés”.

2º premio:  Francisco Javier Fernández Davila, de Nigrán (Pontevedra), pola obra “Rexina”.

 

Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita” e de D. Manuel Fernández López polo seu asesoramento nas categorías infantil e xuvenil.

 

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 21:00 h do día 13 de decembro de 2021.