ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XV EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”
Sendo as 19:30 h do día 13 de decembro de 2021, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XV edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:
D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna. Beatriz López Dorado
Dna. Ana Vila Portomeñe
Dna. Chelo Vázquez Castro
Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario
da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.
Logo das deliberacións pertinentes e das votacións
oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XV edición do
certame literario “Terras de Chamoso” como segue:
CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade:
poesía
1º
premio: Daniel Rielo Rodríguez, de
Barredo (Castroverde), pola obra “O inverno galego”.
2º
premio: Ceibe Gil Fernández-Coronado, de Outeiro
(Castroverde), pola obra “A mensaxe”.
Modalidade:
relato
1º
premio: Abel Fernández Brea, de Valdriz
(Láncara), pola obra “A Santa Compaña”.
2º
premio: Noa García Valín, da Pobra de San
Xiao (Láncara), pola obra “A matanza”.
Premio
“A Legua Dereita”: Joel Barrio Rodríguez, de Maceda (O Corgo), pola obra “A
vida rural”.
CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade:
poesía
1º
premio: deserto.
2º
premio: deserto.
Modalidade:
relato
1º
premio: Deserto.
2º
premio: Deserto.
CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade:
poesía
1º
premio: Néstor Bacelar Domínguez, de Vigo,
pola obra “Arden as flores de outono”.
2º
premio: Carlos Neira Suárez, da Coruña, pola
obra “A gadaña de Maruxa”.
Modalidade:
relato
1º
premio: Moncho Iglesias Míguez, de Vigo, pola
obra “O Moisés”.
2º
premio: Francisco Javier Fernández Davila,
de Nigrán (Pontevedra), pola obra “Rexina”.
Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa
Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita”
e de D. Manuel Fernández López polo seu asesoramento nas categorías infantil e
xuvenil.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a
sesión, cando son as 21:00 h do día 13 de decembro de 2021.