viernes, 29 de diciembre de 2023

ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XVII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”

Sendo as 19:45 h do día 11 de decembro de 2023, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XVII edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:

 

D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano

D. Xosé Manuel Castro Castedo

Dna. Montserrat González Álvarez

D. Xesús Bermúdez Tellado (Suso de Merelas)

D. Manuel Vázquez

 

Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.

 

Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XVII edición do certame literario “Terras de Chamoso” como segue:

 

CATEGORÍA: INFANTIL

Modalidade: poesía

1º premio:   Paula Reija Folgueira, de Castroverde, pola obra “Morriña de Galicia”.

2º premio:   Daniela Freire Toimil, de Montecubeiro (Castroverde), pola obra “Miña terriña galega”.

Modalidade: relato

1º premio:   Mia Shine Yáñez, de Arxemil (O Corgo), pola obra “A pereira da tía Miseria”.

2º premio:   Carla Carracedo Fernández, de Castroverde, pola obra “Vivencias dos labregos nos anos 40-50”.

Accésit:       Daniela Alvariño Pereira, da Fontaneira (Baleira), pola obra “A nena á que non lle comeu a lingua o gato”.

Premio “A Legua Dereita”: Carla Carracedo Fernández, de Castroverde, pola obra “Vivencias dos labregos nos anos 40-50”.

 

CATEGORÍA: XUVENIL

Modalidade: poesía

1º premio:   deserto.

2º premio:   Uxía Seoane Duro, da Estrada (Pontevedra), pola obra “A miña terra”.

Modalidade: relato

1º premio:   deserto.

2º premio:   Ana Lestao Ben, de Burela, pola obra “As cousas cambian”.

 

CATEGORÍA: ADULTOS

Modalidade: poesía

1º premio:   Jorge Carril Espido, da Coruña, pola obra “Lembranza”.

2º premio:   Susana Antón Mandayo, de Pontevedra, pola obra “Explicación da explicación”.

Modalidade: relato

1º premio:   Adrián Pérez Bote, de Madrid, pola obra “A defensa d’O Val”.

2º premio:   Julio Romero Suárez, de Arteixo (A Coruña), pola obra “O miradoiro de Suevos”.

 

Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita” e de D. Manuel Fernández López e Dna. Chelo Vázquez Castro polo seu asesoramento nas categorías infantil e xuvenil.

 

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 21:00 h do día 11 de decembro de 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario