DOMINGO, 16 DE NOVEMBRO DE 2008
PROGRAMA
8:00 h       Saída do aparcadoiro da Área de Servizo “Gomeán Express”.
8:45 h       Visita ás Pontes de Gatín: muíño e ponte medieval.
9:30 h       Visita ao castelo de Doiras.
11:00 h     Visita á igrexa de Donís, a “catedral dos Ancares”.
11:30 h     Chegada a Piornedo para realizar unha ruta de sendeirismo polas proximidades: Chao das Penas, Agulleiro… (dificultade media).
15:00 h     Xantar nun restaurante de Piornedo.
17:00 h     Visita guiada á Palloza Museo “Casa do Sesto” e proxección de dous audiovisuais relacionados coas visitas da mañá.
18:30 h     Regreso por Navia de Suarna (con parada “optativa” na vila).
Chegada ao Corgo entre as 20:00 h e as 21:00 h.
Para máis información e para apuntarse chamar ao 626 73 93 90.