miércoles, 27 de enero de 2016

ACTIVIDADES DE ARUMES/CEC

Actividades que a A.C. Arumes do Corgo e o C.E.C., teñen previsto realizar os próximos meses:
    • Teatro: O grupo de teatro os Baluros poñeran en escea a  obra “ O menciñeiro á forza”  Sábado 23 de abril.
    Sinopse: Marta é a muller de Nicasio, un xornaleiro bonachón. Ela provócao e el acaba por zoupala, pero sen facerlle dano. Como Marta coñece a bondade do seu marido, sabe que este vaina querer recompensar. Por iso que maquina unha vinganza: facerlles crer aos criados de Don Xulián, que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla, que Nicaso é un dos mellorciños que hai. Os criados levan a Nicasio pola forza a ver a Engracita, a cal perdeu a fala non se sabe porque mal. Pero todo é ficticio, o que pretende Engracita é que seu pai a deixa casar co seu mozo e non con quen Don Xulián ten planeado. Ao final todo acaba ben, pero non se pode contar máis.
    Hora: 20:00h, no Centro Sociocultural do Corgo.
    • Ruta de sendeirismo polas Rías Altas (Espasante, Vicedo...). Percorrido aproximado: 17,8 km. Sábado 14 de maio.
    Prazo  máximo para apuntarse: 7 maio.
    • IX Encontro  das Asociacións: Sábado, 28 de maio. Asociación organizadora: A Canteira de Neda ( Ferrol).
    Programación: 10:00h Xuntanza no Albergue do Camiño Inglés (desembocadura do rio Xubia, onde empeza a Ría de Ferrol). Faremos un percorrido de 2km, polo camiño inglés.  A continuación faremos a “Ruta dos Muíños”: 9 km. Con avituallamento na Área de Maciñeiras.
    13:40 h xantar no pabellón do Roxal.
    Prazo máximo para apuntarse e pagar: 15 de maio.
    • Excursión a Zaragoza-Calatayud. Sabado 4 e domingo 5 de xuño.
    Prazo  máximo para apuntarse: 14 de abril.
    (Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 40 persoas).
    • III  Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes do Corgo: Domingo 17 de xullo.
    • Viaxe gastronómica: Festa do bonito de Burela. Agosto.