jueves, 20 de diciembre de 2018

RESOLUCIÓN DO XII CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"


ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”


Sendo as 18:00 h do día 18 de decembro de 2018, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XII edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:

D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna. Adela Clorinda Figueroa Panisse
Dna. Adolfina Mesa Goyo
D. Martiño Maseda Lozano

Exercendo de secretaria do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.

Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XII edición do certame literario “Terras de Chamoso” como segue:

CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade: poesía
1º premio:   Eva Mª Cordero Becerra, de Fonteita (O Corgo), pola obra “Para cavilar”.
2º premio:   Claudia Ledo Folgueira, de Monte (Castroverde), pola obra “Outono”.
Modalidade: relato
1º premio:   Álvaro Muñiz Pérez, de Barredo (Castroverde), pola obra “O nabal de Lugo”.
2º premio:   Noa Pardeiro Vivero, da Frairía (Castroverde), pola obra “Amor e compañía...”.
Premio “A Legua Dereita”: Constantino Abuín Torrón, de Tórdea (Castroverde), pola obra “Roldán”.

CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade: poesía
1º premio:   Deserto.
2º premio:   Alicia López Besteiro, de Lugo, pola obra “Pasado indeleble”.
Modalidade: relato
1º premio:   Deserto.
2º premio:   Deserto.

CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade: poesía
1º premio:   Verónica Pousada Pardo, de Riós (Ourense), pola obra “Vertixe”.
2º premio:   Carlos López Fernández, de Vilalba, pola obra “Mitteleuropa”.
Modalidade: relato
1º premio:   Xosé Sobral Amoedo, de Santiago de Compostela, pola obra “Vida salvaxe”.
2º premio:   Sonia Puertas Martínez, de Tui, pola obra “O último día”.

Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita” e de Dna. Josefa González Díaz, Dna. Mª Consuelo Vázquez Castro e D. Manuel Fernández López polo seu asesoramento nas categorías infantil e xuvenil.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 20:00 h do día 18 de decembro de 2018.

jueves, 15 de noviembre de 2018

XII CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

Por duodécimo ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Asociación Cultural A Legua Dereita, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.


2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).

- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).


3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.


4. Premio "A Legua Dereita":
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).

- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
- TEMÁTICA: A cultura tradicional galega.
- DESCRICIÓN: Entre os relatos curtos da categoría infantil que participen neste certame, o premio especial "A Legua Dereita" pretende destacar aquelas creacións que poñan en valor e enxalcen a cultura tradicional galega. O xurado considerará como elixíbeis para este premio aquelas obras que relaten feitos ou costumes da vida cotiá do noso pobo que aconteceron, ou poderían ter acontecido, na sociedade galega de antano. Poderán ser, por exemplo, lendas, contos, historias de namorar, relatos sobre a música e o baile tradicional ou acontecementos históricos, entre outros.

5. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiranse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao correo-e: arumescorgo@gmail.com Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando unicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.

6. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 28 de novembro de 2018.

7. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma. A maiores, os 1º premios recibirán un libro electrónico.
O premio "A Legua Dereita" contará, a maiores da cerámica do país, dun lote de libros (relacionados coa cultura tradicional galega) e do diploma acreditativo, cun par de culleres de buxo (instrumento tradicional galego).

8. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras. Para dirimir o premio "A Legua Dereita" contaremos con membros da Xunta Directiva da Asociación Cultural A Legua Dereita do Corgo.

9. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 22 de decembro de 2018 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.

10. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.

11. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.


DÍPTICO COAS BASES PARA IMPRIMIR

domingo, 30 de septiembre de 2018

X CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO: MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

Despois do éxito das nove primeiras edicións, o 20 de outubro de 2018 (sábado) celebrarase pola tarde, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a décima carreira popular pedestre Arumes do Corgo, que dende o 2015, e como homenaxe ao gran artífice tanto da asociación como da propia carreira, pasou a denominarse "MEMORIAL QUIQUE CASANOVA".


Limiar
Servizos para os participantes
Categorías
Circuítos
Premios
Inscrición:
Normas para os participantes
- Divulgación:
Resultados
Premiados