lunes, 21 de diciembre de 2020

RESOLUCIÓN DO XIV CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

 ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XIV EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”

 

Sendo as 20:00 h do día 18 de decembro de 2020, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XIV edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:

D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano

D. Xosé Manuel Castro Castedo

Dna. Eva González Álvarez, “Eva Xanín”

D. Anxo Boán Rodríguez

D. Manuel Muñiz Besteiro

Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.

Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XIV edición do certame literario “Terras de Chamoso” como segue:

CATEGORÍA: INFANTIL

Modalidade: poesía

1º premio:   Ceibe Gil Fernández-Coronado, de Pereiramá (Castroverde), pola obra “As guerras”.

2º premio:   Daniel Rielo Rodríguez, de Barredo (Castroverde), pola obra “2020”.

Modalidade: relato

1º premio:   deserto.

2º premio:   Uxía Reija Folgueira, de Outeiro (Castroverde), pola obra “O día de San Xoán”.

Premio “A Legua Dereita”: deserto.

CATEGORÍA: XUVENIL

Modalidade: poesía

1º premio:   Mariña Maceiras Segovia, de Pontevedra, pola obra “Tríade poética”.

2º premio:   Paula Domínguez Barreiro, de Pontevedra, pola obra “A débeda”.

Modalidade: relato

1º premio:   Lucas Sánchez Taboada, de Leiro (Ourense), pola obra “Os perigos da vaidade”.

2º premio:   Lucas Sánchez Taboada, de Leiro (Ourense), pola obra “Represalia”.

CATEGORÍA: ADULTOS

Modalidade: poesía

1º premio:   Verónica Pousada Pardo, de Riós (Ourense), pola obra “Áiax sen punición”.

2º premio:   Martiño Maseda Lozano, de Xoibán (Vilalba), pola obra “Choiva silenciosa”.

Modalidade: relato

1º premio:   Manuel Antonio Piñeiro Fernández, de Ribeira (A Coruña), pola obra “Gaiola”.

2º premio:   Lourdes Maceiras García, de Santiago de Compostela, pola obra “Na fraguiza”.

Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita” e de Dna. Chelo Vázquez Castro e D. Manuel Fernández López polo seu asesoramento nas categorías infantil e xuvenil.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 21:30 h do día 18 de decembro de 2020.