Por terceiro ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, quere premiar a todos os autoras que expresan no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego.As bases do certame son as seguintes:
1.      Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
2.      Categorías:
         - CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
         - CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
         - CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3.      Modalidades:
         - POESÍA (de 30 a 60 versos).
         - RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
         NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.
4.      Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo).
5.      Prazo: o prazo de entrega rematará o día 27 de novembro de 2009.
6.      Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
7.      Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8.      Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 26 de decembro de 2009 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
9.      Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
10.    Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).
Para calquera dúbida relacionada co certame literario chamar ao número de teléfono: 626739390.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, A NOSA LINGUA BEN MERECE UN ESFORZO!
miércoles, 23 de septiembre de 2009
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
 
