domingo, 20 de octubre de 2013

RESULTADOS DA V CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"

CARLOS VILLAMOR IMPONSE NA V CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO 
Pena Holguín e Juan Antonio Gude completaron o podio dunha cita asentada no calendario de carreiras populares lucenses e galegas
 
A proba contou con máis de 300 participantes de todas as idades, desde nenos e nenas de 3 anos a veteranos
 

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, participou esta mañá na entrega de premios da V Carreira Popular “Arumes do Corgo”, que organiza a asociación homónima, e na que participaron máis de 300 deportistas de todas as idades, desde nenos e nenas de 3 anos ata veteranos. O gañador da proba absoluta foi Carlos Villamor, que entrou na meta cun tempo de 16:36, seguido de Juan Pena Holguín e Juan Antonio Gude Vila. Na categoría feminina a vencedora foi a corredora de Bóveda Luísa González Somoza, que entrou na meta seguida de preto por Raquel Suárez Pedrosa, ambas moi distanciadas, con máis de 3 minutos, de Ana Abuín.
 
 
A V Carreira Popular Arumes do Corgo estivo organizada pola propia asociación coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o apoio económico da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
 

É unha carreira totalmente consolidada no calendario de atletismo a nivel galego; así o demostra o alto grado de participación acadado nesta edición, na que participaron máis de 300 corredores. Todo isto é debido a un gran traballo a nivel organizativo dos membros de Arumes do Corgo, e grazas á colaboración económica tanto do concello do Corgo, como da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, así como o apoio técnico da Federación Galega de Atletismo.

Na carreira déronse todos os premios por categorías con trofeo, unha camiseta para os 150 primeiros participantes da xeral e para todas as categorías inferiores, e premios en metálico para a clasificación xeral individual, tanto para homes como para mulleres.
 

martes, 8 de octubre de 2013

V CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"

Despois do éxito das catro primeiras edicións, o 20 de outubro de 2013 (domingo) celebrarase pola mañá, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a quinta carreira popular pedestre "ARUMES DO CORGO".
- Limiar
- Presentación da carreira

viernes, 6 de septiembre de 2013

Entrega de obras para o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”

Dende a A.C. Arumes do Corgo queremos lembrar que o 15 de novembro remata o prazo para entregar as obras para o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”, en calquera das súas categorías ( infantil, xuvenil, e adultos) e modalidades (poesía e relato curto). Este ano os traballos poden enviarse por email á dirección: arumescorgo@gmail.com ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo)

Agardamos contar coa vosa participación!

sábado, 6 de julio de 2013

ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO

- Xornadas Técnicas Hortofamiliares: Sábado 6 de xullo.

Horario: de 10- 14 h. clase teórica na Casa das Asociacións do Corgo (Antigas escolas). De 16- 20 h. clases teoricas-prácticas.

Número máximo de asistentes: 25

Prazo para apuntarse: Do 23 de xuño ó 1 de xullo (por orden de inscripción ata que se cubran as prazas).


- Camiño de Santiago (Norte): 6ª Etapa: Baamonde- Braña. – Domingo 7 de xullo

Distancia: 19,2 km (aproximadamente).

Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).

Prezo: 10€ (cada persoa levara se quere bocata e bebida). Non socios: 12€


- Exposición e demostración de cómo se traballa o liño a cargo de membros da Asociación de mulleres de San Bartolomeu de Insua (Vilalba).

Sábado 13 de xullo

Lugar: Centro Sociocultural do Corgo

Horario: Mañá de 11 a 2 h.

Tarde: 4-8 h.


- I Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes: Domingo 21 de xullo

Lugar: Carballeira do San Bernabé (Castrillón)

Cada socio que queira participar, terá que poñerse en contacto cos socios organizadores, para indicar: nº de persoas que vai levar a xuntanza, mais a comida ou bebida que vai aportar.

Prazo máximo para apuntarse: 16 de xullo

- Presentación da revista Corga nº 4 na Galeria Sargadelos.

- Excursión a Astorga-Castrillo de los Polvazares: Sábado 28 de setembro.

Prazo máximo para apuntarse e pagar: 16 de setembro

Un numeroso grupo de socios realizou unha excursión polo cañón do Sil no tren turístico “Aba Sacra” o domingo 30 de xuño. A actividade consistiu en saír en tren dende Doade, para despois visitaren o Val da Lenda, un Mirador sobre o cañón do Sil, a Vía romana Appia, a adega “Regina Viarum” , e a Reitoral de Gundivós, onde agardaba a explicación de cómo se fai esta cerámica única en Europa. Os socios participantes tamén disfrutaron dunha viaxe en catamarán, dende o que contemplar as paisaxes. A última hora da tarde e xa para rematar, realizouse unha visita á vila de Castro Caldelas, na provincia de Ourense.

miércoles, 1 de mayo de 2013

ACTIVIDADES A.C. ARUMES DO CORGO

Nas vindeiras datas a A.C. Arumes do Corgo organiza as seguintes actividades:

- Revista Corga: Está aberto o prazo de entrega de traballos para o número 4 da revista Corga, e remata o 30 de abril. Os criterios de publicación están expostos no Regulamento de Réxime Interno ( e resumidos nas Normas de publicación) que poderá atopar no blog do Centro de Estudos do Corgo: http://ocorgo.blogspot.com .

- Viaxe gastronómica: Feira do viño do Ribeiro-Ribadavia (Ourense). Sábado 4 de maio.
Prezo: 20€ socios. Se quedan prazas 25€ non socios
Hora de saída: 8:30 da mañá de detrás do concello
Prazo máximo para apuntarse e pagar: 29 de abril

- Camiño de Santiago (Norte): 2ª Etapa: Villamartín Pequeno- Mondoñedo. Venres 17 de maio:
Distancia: 20 km (aproximadamente).
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
Prezo: 10€ (cada persoa levará se quere bocata e bebida). Non socios: 12€

- Camiño de Santiago (Norte): 3ª Etapa: Mondoñedo- Abadín. Domingo 19 de maio:
Distancia: 17 km (aproximadamente).
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
Prezo: 10€ (cada persoa levará se quere bocata e bebida). Non socios: 12€

- VI encontro de Asociacións Culturais Galegas. Sábado 25 Maio. Nesta ocasión a asociación encargada da organización é A.C. Redes-Camouco do Ferrol. Programa. Un roteiro en lancha pola ría de Ferrol. Unha vez que remate a viaxe polo mar haberá un pequeno refrixerio no peirao de Mugardos. Despois un percorrido a pé duns doce quilómetros. O xantar no Mosteiro de Sta Catalina ou fóra se fai bo tempo. Visita guiada ao mosteiro.
Hora de saída: 8:00 h. da gasolineira de Gomeán
Prazo máximo para apuntarse: 5 de maio
Prezo: (sen confirmar aínda pola Asociación de Ferrol.- aproximadamente 30-35€ (lancha comida e autobús).

Compartimos dende aquí algunhas imaxes dos participantes nas actividades realizadas recentemente polos socios e socias da A.C. Arumes do Corgo.

- Excursión á mostra do encaixe de Camariñas:



- Excursión a Burgos-Palencia:



- Ruta ao Caxigal:



Agardamos que as actividades realizadas fosen do voso agrado e que contemos coa vosa participación nas vindeiras.

martes, 2 de abril de 2013

NOVAS ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO

Ruta de sendeirismo: Sobrado-Caxigal-Franqueán: Domingo 21 de abril

Distancia circuíto: 12 km.

Hora de saída: ás 9 e 1/2 da mañá de Sobrado (campo da feira).

Percorrido: Comenzamos en Sobrado do Picato, polos limites dos concellos de Baralla, Castroverde e o Corgo, Caxigal (punto máis alto do noso concello), Férveda e Franqueán.

Dispoñemos dun local habilitado en Franqueán para poder comer o “bocata” (para aquelas persoas que o consideren, e pola súa conta).



Camiño de Santiago (Norte): 1ª Etapa: Ribadeo: Sábado 27 de abril

Distancia: 20 km (aproximadamente).

Hora de saída: 8 da mañá (de detrás do concello).

Prezo: 10€ (cada persoa levara se quere bocata e bebida).

Prazo máximo para apuntarse e pagar: 21 de abril.



Revista Corga: Está aberto o prazo de entrega de traballos para o número 4 da revista Corga, e remata o 30 de abril. Os criterios de publicación están expostos no Regulamento de Réxime Interno ( e resumidos nas Normas de publicación) que poderá atopar no blog do Centro de Estudos do Corgo: http://ocorgo.blogspot.com .


Viaxe gastronómica: Feira do viño do Ribeiro-Ribadavia (Ourense). Sábado 4 de maio

Prezo: 20€ socios. Se quedan prazas 25€ non socios

Hora de saída: 8 e ½ da mañá de detrás do concello

Prazo máximo para apuntarse e pagar: 26 de abril

Agardamos contar coa vosa participación.

jueves, 7 de marzo de 2013

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO

- Club de lectura. O autor escollido para esta ocasión é: Xosé Manuel Carballo Ferreiro. Libro: Don Otto de viaxe pola Chaira. O encontro co autor será mañá venres 8 de Marzo, ás 8 da tarde, na casa das Asociacións do Corgo, no edificio de Correos.


- Excursión a Burgos e Palencia. Sábado e Domingo (23 e 24 de marzo)

Prezo: 105€ socios (inclúe: autobús, comida, cea e aloxamento do sábado, almorzo e comida do domingo, guía, e seguro de viaxe. Non inclúe entradas aos monumentos) - 110€ non socios (sempre que queden vacantes).

Prazo máximo para apuntarse e pagar: 12 de marzo.

(Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 40 persoas).


- Ruta de sendeirismo: Sobrado-Caxigal-Franqueán: Domingo 21 de abril.

Distancia circuíto: 12 km.

Percorrido: Comenzamos en Sobrado do Picato, polos limites dos concellos de Baralla, Castroverde e o Corgo, Caxigal ( punto máis alto do noso concello), Férveda e Franqueán.

Dispoñemos dun local habilitado en Franqueán para poder petiscar (para aquelas persoas que o consideren pola súa conta).

Agardamos a vosa participación.