lunes, 17 de febrero de 2014

PREMIOS DA VII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”

O sábado, 21 de decembro, as 8 da tarde no Centro Sociocultural de O Corgo celebrarase a entrega de premios do VII Certame Literario "Terras de Chamoso".

A maiores da entrega dos premios aos gañadores disfrutamos da actuación de música e baile a cargo da Asociación A Legua Dereita de O Corgo e dos músicos Tonecho Castelos e Pablo Esqueira e un recital a cargo dos agasallados, que nos ofreceron as poesías gañadoras no certame.

Os premiados nesta edición foron:

CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade: poesía
1º premio:   Carla Castedo Pereira de Francelos (Castroverde), pola obra “Soñar”.
2º premio:   Lara Domínguez Chantres de Cádavo (Baleira), pola obra “A choiva”.
Modalidade: relato
1º premio:   Alicia garcía Cabaleiro de Laxes (O Corgo), pola obra “O ladrón de personaxes”.
2º premio:   Unai Celeiro Díaz de Touville (Láncara), pola obra “O Castiñeiro ledo”.

CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade: poesía
1º premio:   Cristina Pernas Pereiro de Paradela (O Corgo), pola obra “Saudade dun piano de guerra”.
2º premio:   Sabela Rodríguez Reino de  A Coruña, pola obra “A música vai por dentro”.
Modalidade: relato
1º premio:   Antón Vázquez Arias de Zolle (Guntín), pola obra “Beleza Inerte”.
2º premio:   Lucía González Campos de Montecubeiro (Castroverde), pola obra “Témoste aquí, queridiña”.

CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade: poesía
1º premio: Rocio Leira Castro de Pereira-cée (A Coruña), pola obra “Mensaxes Cifradas”           .
2º premio: Xosé Otero Canto de Lugo, pola obra “Perdida Vaga”.     
Modalidade: relato
1º premio:   José A. Castro Ferreiro de Lugo,  pola obra “Berce de Soños”.
             2º premio: Beatriz López Dorado de Lugo, pola obra “Bicos Carmiña”.

Agradecemos dende a Xunta Directiva da A.C. Arumes a colaboración das persoas que formaron parte do xurado nesta edición:

D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna Adela Figueroa Panisse
D. Carlos  M. Callón Torres

Noraboa a todos os premiados e o noso agradecemento aos moitos participantes que ano tras ano presentan traballos a este certame, salientables tanto en número como en calidade.

miércoles, 23 de octubre de 2013

VII CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

Por sétimo ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao e-mail: arumescorgo@gmail.com Deberán enviarse no mesmo correo electrónico dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro onde constará o lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior o nome apelido do autor/a, domicilio, teléfono, poboación de residencia. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes, entregando únicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.
5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 15 de novembro de 2013.
6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 21 de decembro de 2013 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.


DÍPTICO COAS BASES PARA IMPRIMIR

domingo, 20 de octubre de 2013

RESULTADOS DA V CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"

CARLOS VILLAMOR IMPONSE NA V CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO 
Pena Holguín e Juan Antonio Gude completaron o podio dunha cita asentada no calendario de carreiras populares lucenses e galegas
 
A proba contou con máis de 300 participantes de todas as idades, desde nenos e nenas de 3 anos a veteranos
 

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, participou esta mañá na entrega de premios da V Carreira Popular “Arumes do Corgo”, que organiza a asociación homónima, e na que participaron máis de 300 deportistas de todas as idades, desde nenos e nenas de 3 anos ata veteranos. O gañador da proba absoluta foi Carlos Villamor, que entrou na meta cun tempo de 16:36, seguido de Juan Pena Holguín e Juan Antonio Gude Vila. Na categoría feminina a vencedora foi a corredora de Bóveda Luísa González Somoza, que entrou na meta seguida de preto por Raquel Suárez Pedrosa, ambas moi distanciadas, con máis de 3 minutos, de Ana Abuín.
 
 
A V Carreira Popular Arumes do Corgo estivo organizada pola propia asociación coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o apoio económico da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
 

É unha carreira totalmente consolidada no calendario de atletismo a nivel galego; así o demostra o alto grado de participación acadado nesta edición, na que participaron máis de 300 corredores. Todo isto é debido a un gran traballo a nivel organizativo dos membros de Arumes do Corgo, e grazas á colaboración económica tanto do concello do Corgo, como da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, así como o apoio técnico da Federación Galega de Atletismo.

Na carreira déronse todos os premios por categorías con trofeo, unha camiseta para os 150 primeiros participantes da xeral e para todas as categorías inferiores, e premios en metálico para a clasificación xeral individual, tanto para homes como para mulleres.
 

martes, 8 de octubre de 2013

V CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"

Despois do éxito das catro primeiras edicións, o 20 de outubro de 2013 (domingo) celebrarase pola mañá, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a quinta carreira popular pedestre "ARUMES DO CORGO".
- Limiar
- Presentación da carreira

viernes, 6 de septiembre de 2013

Entrega de obras para o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”

Dende a A.C. Arumes do Corgo queremos lembrar que o 15 de novembro remata o prazo para entregar as obras para o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”, en calquera das súas categorías ( infantil, xuvenil, e adultos) e modalidades (poesía e relato curto). Este ano os traballos poden enviarse por email á dirección: arumescorgo@gmail.com ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo)

Agardamos contar coa vosa participación!

sábado, 6 de julio de 2013

ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO

- Xornadas Técnicas Hortofamiliares: Sábado 6 de xullo.

Horario: de 10- 14 h. clase teórica na Casa das Asociacións do Corgo (Antigas escolas). De 16- 20 h. clases teoricas-prácticas.

Número máximo de asistentes: 25

Prazo para apuntarse: Do 23 de xuño ó 1 de xullo (por orden de inscripción ata que se cubran as prazas).


- Camiño de Santiago (Norte): 6ª Etapa: Baamonde- Braña. – Domingo 7 de xullo

Distancia: 19,2 km (aproximadamente).

Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).

Prezo: 10€ (cada persoa levara se quere bocata e bebida). Non socios: 12€


- Exposición e demostración de cómo se traballa o liño a cargo de membros da Asociación de mulleres de San Bartolomeu de Insua (Vilalba).

Sábado 13 de xullo

Lugar: Centro Sociocultural do Corgo

Horario: Mañá de 11 a 2 h.

Tarde: 4-8 h.


- I Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes: Domingo 21 de xullo

Lugar: Carballeira do San Bernabé (Castrillón)

Cada socio que queira participar, terá que poñerse en contacto cos socios organizadores, para indicar: nº de persoas que vai levar a xuntanza, mais a comida ou bebida que vai aportar.

Prazo máximo para apuntarse: 16 de xullo

- Presentación da revista Corga nº 4 na Galeria Sargadelos.

- Excursión a Astorga-Castrillo de los Polvazares: Sábado 28 de setembro.

Prazo máximo para apuntarse e pagar: 16 de setembro

Un numeroso grupo de socios realizou unha excursión polo cañón do Sil no tren turístico “Aba Sacra” o domingo 30 de xuño. A actividade consistiu en saír en tren dende Doade, para despois visitaren o Val da Lenda, un Mirador sobre o cañón do Sil, a Vía romana Appia, a adega “Regina Viarum” , e a Reitoral de Gundivós, onde agardaba a explicación de cómo se fai esta cerámica única en Europa. Os socios participantes tamén disfrutaron dunha viaxe en catamarán, dende o que contemplar as paisaxes. A última hora da tarde e xa para rematar, realizouse unha visita á vila de Castro Caldelas, na provincia de Ourense.

miércoles, 1 de mayo de 2013

ACTIVIDADES A.C. ARUMES DO CORGO

Nas vindeiras datas a A.C. Arumes do Corgo organiza as seguintes actividades:

- Revista Corga: Está aberto o prazo de entrega de traballos para o número 4 da revista Corga, e remata o 30 de abril. Os criterios de publicación están expostos no Regulamento de Réxime Interno ( e resumidos nas Normas de publicación) que poderá atopar no blog do Centro de Estudos do Corgo: http://ocorgo.blogspot.com .

- Viaxe gastronómica: Feira do viño do Ribeiro-Ribadavia (Ourense). Sábado 4 de maio.
Prezo: 20€ socios. Se quedan prazas 25€ non socios
Hora de saída: 8:30 da mañá de detrás do concello
Prazo máximo para apuntarse e pagar: 29 de abril

- Camiño de Santiago (Norte): 2ª Etapa: Villamartín Pequeno- Mondoñedo. Venres 17 de maio:
Distancia: 20 km (aproximadamente).
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
Prezo: 10€ (cada persoa levará se quere bocata e bebida). Non socios: 12€

- Camiño de Santiago (Norte): 3ª Etapa: Mondoñedo- Abadín. Domingo 19 de maio:
Distancia: 17 km (aproximadamente).
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
Prezo: 10€ (cada persoa levará se quere bocata e bebida). Non socios: 12€

- VI encontro de Asociacións Culturais Galegas. Sábado 25 Maio. Nesta ocasión a asociación encargada da organización é A.C. Redes-Camouco do Ferrol. Programa. Un roteiro en lancha pola ría de Ferrol. Unha vez que remate a viaxe polo mar haberá un pequeno refrixerio no peirao de Mugardos. Despois un percorrido a pé duns doce quilómetros. O xantar no Mosteiro de Sta Catalina ou fóra se fai bo tempo. Visita guiada ao mosteiro.
Hora de saída: 8:00 h. da gasolineira de Gomeán
Prazo máximo para apuntarse: 5 de maio
Prezo: (sen confirmar aínda pola Asociación de Ferrol.- aproximadamente 30-35€ (lancha comida e autobús).

Compartimos dende aquí algunhas imaxes dos participantes nas actividades realizadas recentemente polos socios e socias da A.C. Arumes do Corgo.

- Excursión á mostra do encaixe de Camariñas:



- Excursión a Burgos-Palencia:



- Ruta ao Caxigal:



Agardamos que as actividades realizadas fosen do voso agrado e que contemos coa vosa participación nas vindeiras.