miércoles, 8 de junio de 2016

ACTIVIDADES DE ARUMES/CEC

Actividades que a A.C. Arumes do Corgo e o C.E.C., teñen previsto realizar os próximos meses:

XXIXª Travesía da Costa Naviega (Navia- Asturias).-  Domingo 19 de junio
Programación: 9-10h concentración dos participantes no prado do  Bao. 10:30h saída. Dende as 16:00 h ata as 20:00h festa na dársena do muelle.
Recorrido: desde o punto de saída ata a dársena do muelle de Navia (20kms).
Avituallamentos: No lugar de saída chocolatada. En Tornil: mermelada, queixiños e auga. Praia de Frejulfe: bolsa de comida. Praia de Coedo: sangría.
Prazo máximo para apuntarse1 de xuño

- Camiño de Santiago (Camiño Portugués):   1ª Etapa  : Rubiàes- Tui
Percorrido aproximado: 19,1 km

A  Fundación Casa-museo  Manuel Maria de Outeiro de Rei, convidanos ao 3ª Convivio da Cultura Galega a celebrar o sábado 9 de xullo na Carballeira de Santa Isabel

- Viaxe  comercial: a Festa da Virxe do Carme en O Grove.- Sábado 16 de xullo
Prazo máximo para apuntarse:  7 de xullo:
(Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 35 persoas).

- III  Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. ArumesDomingo 17 de xullo
Lugar: Carballeira do San Bernabé (Castrillón)
Hora: As 14 h-  Cada socio que queira participar, terá que poñerse  en contacto cos socios organizadores, para indicar o  nº de persoas que vai levar á xuntanza. O importe total dividirase  polo número de asistentes que participen.
Prazo máximo para apuntarseDomingo 10 de xullo

- Viaxe  comercial: “Finca Galea” en Alfoz.- Sábado 30 de xullo
En Finca Galea visitaremos o seu enorme xardín  e o museo etnolóxico da auga
Prazo máximo para apuntarse17 de xullo:
(Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 35 persoas).

- Viaxe gastronómica: Festa do bonito de Burela. agosto

miércoles, 27 de enero de 2016

ACTIVIDADES DE ARUMES/CEC

Actividades que a A.C. Arumes do Corgo e o C.E.C., teñen previsto realizar os próximos meses:
    • Teatro: O grupo de teatro os Baluros poñeran en escea a  obra “ O menciñeiro á forza”  Sábado 23 de abril.
    Sinopse: Marta é a muller de Nicasio, un xornaleiro bonachón. Ela provócao e el acaba por zoupala, pero sen facerlle dano. Como Marta coñece a bondade do seu marido, sabe que este vaina querer recompensar. Por iso que maquina unha vinganza: facerlles crer aos criados de Don Xulián, que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla, que Nicaso é un dos mellorciños que hai. Os criados levan a Nicasio pola forza a ver a Engracita, a cal perdeu a fala non se sabe porque mal. Pero todo é ficticio, o que pretende Engracita é que seu pai a deixa casar co seu mozo e non con quen Don Xulián ten planeado. Ao final todo acaba ben, pero non se pode contar máis.
    Hora: 20:00h, no Centro Sociocultural do Corgo.
    • Ruta de sendeirismo polas Rías Altas (Espasante, Vicedo...). Percorrido aproximado: 17,8 km. Sábado 14 de maio.
    Prazo  máximo para apuntarse: 7 maio.
    • IX Encontro  das Asociacións: Sábado, 28 de maio. Asociación organizadora: A Canteira de Neda ( Ferrol).
    Programación: 10:00h Xuntanza no Albergue do Camiño Inglés (desembocadura do rio Xubia, onde empeza a Ría de Ferrol). Faremos un percorrido de 2km, polo camiño inglés.  A continuación faremos a “Ruta dos Muíños”: 9 km. Con avituallamento na Área de Maciñeiras.
    13:40 h xantar no pabellón do Roxal.
    Prazo máximo para apuntarse e pagar: 15 de maio.
    • Excursión a Zaragoza-Calatayud. Sabado 4 e domingo 5 de xuño.
    Prazo  máximo para apuntarse: 14 de abril.
    (Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 40 persoas).
    • III  Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes do Corgo: Domingo 17 de xullo.
    • Viaxe gastronómica: Festa do bonito de Burela. Agosto.

      sábado, 24 de octubre de 2015

      IX CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

      Por noveno ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

      1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
      2. Categorías:
      - CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
      - CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
      - CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
      3. Modalidades:
      - POESÍA (de 30 a 60 versos).
      - RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
      NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

      4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao correo-e: arumescorgo@gmail.com Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando únicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.
      5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 23 de novembro de 2015.
      6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
      Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma. A maiores, os 1º premios recibirán un libro electrónico.
      7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
      8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 19 de decembro de 2015 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
      9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
      10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

      Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.


      DÍPTICO COAS BASES PARA IMPRIMIR

      jueves, 8 de octubre de 2015

      VII CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO: MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

      Despois do éxito das seis primeiras edicións, o 25 de outubro de 2015 (domingo) celebrarase pola mañá, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a sétima carreira popular pedestre Arumes do Corgo, que dende esta edición e como homenaxe ao gran artífice tanto da asociación como da propia carreira, pasará a denominarse "MEMORIAL QUIQUE CASANOVA".


      Limiar
      Servizos para os participantes
      Categorías
      Circuítos
      Premios
      Inscrición:
      Normas para os participantes
      - Divulgación:
      Resultados
      Premiados

      sábado, 22 de noviembre de 2014

      VII CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

      AMPLÍASE O PRAZO DE ENTREGA DE TRABALLOS PARA O VII CERTAME LITERARIO TERRA DE CHAMOSO ATA O DÍA 5 DE DECEMBRO.

      O prazo amplíase para a entrega de traballos de todas as categorías (infantil, xuvenil e adultos). Os traballos poden enviarse por email a dirección: arumescorgo@gmail.com ,ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo).

      A entrega de premios terá lugar o sábado día 20 de Decembro no Centro Sociocultural do Corgo.

      viernes, 3 de octubre de 2014

      VI CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"

      Despois do éxito das cinco primeiras edicións, o 25 de outubro de 2014 (sábado) celebrarase pola tarde, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a sexta carreira popular pedestre "ARUMES DO CORGO".
      Limiar
      Servizos para os participantes
      Categorías
      Circuítos
      Premios
      Inscrición:
      Normas para os participantes
      - Divulgación:
      - Presentación da carreira:
      Resultados
      Premiados

        jueves, 15 de mayo de 2014

        PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO

        Relación das actividades que a  A.C. Arumes do Corgo e o C.E.C., teñen previsto realizar este ano 2014,
        -       Ruta polo Camiño do Miño (Outeiro de Rei).- Sábado 17 de maio
        Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello do Corgo).
        Distancia: 18 km (aproximadamente).

        -       Encontro  das AsociaciónsSábado 31 de maio
        Asociación organizadora: Arcas de Sarria
        Programa: 9:30 chegada dos grupos participantes ao Hotel Alfonso IX; 10:00 comezo do roteiro “Da Foz das Aceas” polas beiras do rio Sarria e Celeiro ( ribela.- acea de baixo.- acea de riba-. ponte de fafián.- veigadelo-farbán.- mosteiro da madalena.- ponte da áspera.- ponte vella do mazadoiro.- ponte vella.- ponte ribeira) 14:30 xantar no Hotel Alfonso IX, pola tarde haberá actuacións de animación cultural no Parque da Sociedade La Unión

        -        Encontro Senderista e cultural “ Lucus a pé”.- Domingo 8 de xuño
        A Sociedade Micolóxica Lucus convidanos  ao igual que o ano pasado a participar nesta actividade. Será unha  ruta de 18 km. Próximamente os informaremos   das datas para  preinscribirse.

        -       Excursión a Combarro-Mosteiro de Poio:  Sábado 21 de xuño

        -       Actuación do grupo de Teatro  RebuldeiraSábado 28 de xuño
              Hora: as 21.00 h  da tarde no Centro Sociocultural do Corgo. Entrada gratuita
        Posta en escena da obra: “O achado do castro” Sinopse: divertida historia na  que  Manolitus e Camiñae son unha parella de xóvenes namorados. A súa relación non goza dos parabéns do Emperador, pai da rapaza, nin da ríquisima Arpexia, nai do primeiro. Dous vagabundos intentan, sen moito éxito, colarse no pazo e roubarlle o mellón ao Emperador para poder ser os xefes do Estado.

        -       Excursión a San Sebastián.- Sábado 5 e domingo 6  de xullo.

        -       Viaxe gastronómica: Feira do viño de  Valdeorras: Domingo 13 de xullo

        -       Presentación II libro recopilatorio Premios Certame Literario “Terras de Chamoso”

        -       Presentación  artigos  revista Corga nº 5

        -       II  Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes:
        Domingo 20  de  xullo

        -       Presentación da revista Corga nº 5. 
        Lugar: Galeria de Sargadelos (Plaza de Santo Domingo)

        -       Ruta de sendeirismo pola variante do Camiño de  Santiago.- Padornelo: Sábado    de setembro

        -       VI Carreira Popular “Arumes do Corgo”. Outubro

        -       Curso sobre  ecoloxía e identificación de cogumelos:  13, 14 de Novembro. Saída ao campo : Sábado ,15 Novembro (pola mañá)

        -       Actuación do grupo Metátese de Teatro Sábado 22 de novembro
              Hora: as 20.00 h  da tarde no Centro Sociocultural do Corgo. Entrada gratuita
              Posta en escena da obra: “Facemos a guerra” Sinopse: Espectaculo que aborda o tema da guerra desde o punto de vista do absurdo. Amosa como uns soldados de ambos bandos obedecen ao mesmo xeneral, como se aburren, como unha familia goza dun día no campo de batalla, incluso xantando cun prisioneiro…….. transitando entre o cómico e o poético preténdese levar  ao espectador cara a reflexión e o riso.

        -       VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”. O 15 de novembro remata o prazo para entregar as obras  para  o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”, en calquera das súas categorías ( infantil, xuvenil, e adultos) e modalidade (poesía
        e relato curto). Os traballos poden enviarse por email a dirección: arumescorgo@gmail.com ,ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo).

        -       Club de LecturaNovembro

        -       VII Certame  Literario “ Terras de Chamoso”. O Certame Literario concluirá co acto de entrega de premios aos gañadores que será Sábado 20 de decembro  no Centro Sociocultural do Corgo.

        Para calquera actividade  poden confirmar a súa asistencia, nos plazos que  respectivamente lles comunicamos,  no correo: arumescorgo@gmail.com
        Esperamos contar coa súa presenza.      
         A XUNTA DIRECTIVA