lunes, 9 de abril de 2012

Excursión a Salamanca e Zamora


Os días 24 e 25 de marzo un grupo de socios da A. C. Arumes do Corgo realizou unha viaxe cultural polas cidades de Alba de Tormes, Salamanca, Ciudad Rodrigo e Zamora.

Na primeira das xornadas os participantes visitaron Alba de Tormes durante a mañá, achegándose despois de xantar á cidade de Salamanca, declarada Patrimonio da Humanidade, e disfrutaron de todo o seu conxunto monumental, destacando a Praza Maior de estilo barroco, o conxunto catedralicio e a Universidade.

Logo de pasar a noite, os socios desprazáronse ata Ciudad Rodrigo, cidade medieval amurallada. Pola tarde, continuaron ata a cidade de Zamora, onde disfrutaron dunha panorámica do río Douro e dunha visita pola localidade. Ao rematar a tarde, os participantes volveron ao Corgo despois de disfrutar de dúas xornadas de lecer.

sábado, 24 de septiembre de 2011

III CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"

Despois do éxito das dúas primeiras edicións, o 22 de outubro de 2011 (sábado) celebrarase pola tarde, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a terceira carreira popular pedestre "ARUMES DO CORGO".


-
Limiar

V CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

Por quinto ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.
4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo).
5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 23 de novembro de 2011.
6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 17 de decembro de 2011 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario chamar ao número de teléfono: 626739390.

NON TE RETIRES, VOLTA A XOGAR

O programa "Non te retires, volta a xogar", está pensado para que as persoas da terceira idade do Corgo manteñan unha boa condición física. Está organizado pola Vicepresidencia Primeira da deputación de Lugo e a Fundación Balogal coa colaboración da Asociación Cultural Arumes do Corgo.

Dende a A.C. Arumes do Corgo dámoslle unha importancia máxima aos nosos maiores. Encontrámonos cunha sociedade onde cada vez a esperanza de vida e maior e polo tanto este grupo de poboación medra ano a ano. Cun prantexamento inicial de dúas sesións semanais, dunha hora cada unha, buscaremos a mellora na calidade de vida dos participantes, a través de incidir nalgunhas das capacidades condicionais básicas:

- Flexibilidade: desglosada en mobilidade articular e elasticidade.

- Resistencia: non entendida na súa vertente de rendemento, senon nunha mellora da capacidade aeróbica de base, mediante un exercicio de baixa intensidade pero sostido no tempo.

- Forza: de novo pensada e enfocada a mellora da calidade de vida diaria. Un fortalecemento e tonificación da musculatura mais precisa no día a día, así coma a faixa lumbo-abdominal, e sempre deixando unha porta aberta as individualidades.

A maiores destas capacidades condicionais, os exercicios e o mesmo deseño das sesións queren maximizar o traballo cognitivo dos participantes así como a interactuación entre eles. Estes dous apartados son de igual importancia que os anteriores posto que nesta franxa de idade é cando aparecen nunha maior porcentaxe as problemáticas nos apartados cognitivos. Do mesmo xeito, pola distribución espacial dun concello coma o noso, creemos que é positivo favorecer as xuntanzas ao mesmo tempo que se fagan dunha maneira que potencie a intreractuación cos demais.

Os lugares onde se vai a executar o programa son:

- Antiga escola de Adai (non no centro sociocultural).

- Local social de Cela.

Inicialmente partiremos cun grupo en cada lugar (se hai un mínimo número de interesados) pero se a demanda é grande, poderíanse facer varios grupos en cada un dos locais anteriores.

O programa é totalmente gratuíto e durará 6 meses. Para anotarse ou solicitar máis información chamar ao 699170169 (Chelo).

CURSO E EXPOSICIÓN DE MICOLOXÍA

Chega o outono e os fungos comezan a aperecer no noso concello. Ademais de ser un bo complemento para a economía familiar, os fungos protagonizan ou acompañan os máis saborosos platos culinarios.


É por iso que dende a Asociación Cultural Arumes do Corgo organizamos un curso (teoría, saída ao monte, obradoiro de cociña...) e unha exposición de cogumelos, os días 29 (pola mañá e pola tarde) e 30 (só pola mañá) de outubro. O prezo do curso é de 10 € para os non socios e totalmente gratuíto para os socios de Arumes. O número de prazas é limitado a 20, por rigorosa orde de inscrición e tendo preferencia os socios. Para realizar a inscrición ou para ter información do programa (estará colgado na páxina web), chamar ao teléfono: 699170170 (Quique).

CLUB DE LECTURA: ENCONTRO CON ANTONIO REIGOSA

Como xa se comunicou con anterioridade, o autor escollido para esta quinta edición do club de lectura é o lucense Antonio Reigosa co libro “Memorias dun raposo” da Ed. Galaxia (144 pax., prezo: 9 €). Aínda temos pendente o encontro co autor, que se celebrará o venres, 30 de setembro, ás 20:15 h (xusto despois da Asemblea Xeral Extraordinaria), na antiga escola de Gomeán. O encontro co autor é unha oportunidade de ouro para saber máis do libro escollido e da biografía, interactuando co autor nun ambiente de proximidade único. Anímate a participar!

viernes, 15 de julio de 2011

"PALIMOCO TEATRO" NO CORGO

A A.C. Arumes do Corgo, o Centro de Estudos do Corgo (CEC) e a Área de Cultura e Turismo da deputación de Lugo organizan dúas actuacións do grupo "Palimoco Teatro" no concello do Corgo.
A actuación titulada "Queres que cho conte?" (integrada no proxecto "Cultura sobre rodas") é unha actividade interdisciplinar de gran calidade, na que se mestura dinamicamente a literatura oral, o teatro, a danza e a música, cun obxectivo común, achegar os contos tradicionais das nosas terras ao público infantil, dun xeito entretido e divertido.

O CORGO

- Lugar: Centro Sociocultural

- Data: mércores, 20 de xullo de 2011

- Hora: 11:30 h


CELA

- Lugar: Ponte de Neira (se o tempo é bo) ou Local Social de Cela (se o tempo non é tan bo)

- Data: xoves, 21 de xullo de 2011

- Hora: 19:30 h