Por sétimo ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:
1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.
4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao e-mail: arumescorgo@gmail.com. Deberán enviarse no mesmo correo electrónico dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro onde constará o lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior o nome apelido do autor/a, domicilio, teléfono, poboación de residencia. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes, entregando únicamente ao xurado a obra e o lema da mesma.
5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 15 de novembro de 2013.
6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 21 de decembro de 2013 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).
Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.
DÍPTICO COAS BASES PARA IMPRIMIR
miércoles, 23 de octubre de 2013
domingo, 20 de octubre de 2013
RESULTADOS DA V CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"
CARLOS VILLAMOR IMPONSE NA V CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO
Pena Holguín e Juan Antonio Gude completaron o podio dunha cita asentada no calendario de carreiras populares lucenses e galegas

A proba contou con máis de 300 participantes de todas as idades, desde nenos e nenas de 3 anos a veteranos
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, participou esta mañá na entrega de premios da V Carreira Popular “Arumes do Corgo”, que organiza a asociación homónima, e na que participaron máis de 300 deportistas de todas as idades, desde nenos e nenas de 3 anos ata veteranos. O gañador da proba absoluta foi Carlos Villamor, que entrou na meta cun tempo de 16:36, seguido de Juan Pena Holguín e Juan Antonio Gude Vila. Na categoría feminina a vencedora foi a corredora de Bóveda Luísa González Somoza, que entrou na meta seguida de preto por Raquel Suárez Pedrosa, ambas moi distanciadas, con máis de 3 minutos, de Ana Abuín.
A V Carreira Popular Arumes do Corgo estivo organizada pola propia asociación coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o apoio económico da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
É unha carreira totalmente consolidada no calendario de atletismo a nivel galego; así o demostra o alto grado de participación acadado nesta edición, na que participaron máis de 300 corredores. Todo isto é debido a un gran traballo a nivel organizativo dos membros de Arumes do Corgo, e grazas á colaboración económica tanto do concello do Corgo, como da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, así como o apoio técnico da Federación Galega de Atletismo.
Na carreira déronse todos os premios por categorías con trofeo, unha camiseta para os 150 primeiros participantes da xeral e para todas as categorías inferiores, e premios en metálico para a clasificación xeral individual, tanto para homes como para mulleres.
martes, 8 de octubre de 2013
V CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"
Despois do éxito das catro primeiras edicións, o 20 de outubro de 2013 (domingo) celebrarase pola mañá, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a quinta carreira popular pedestre "ARUMES DO CORGO".
- Limiar
- Presentación da carreira
- Limiar
viernes, 6 de septiembre de 2013
Entrega de obras para o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”
Dende a A.C. Arumes do Corgo queremos lembrar que o 15 de novembro remata o prazo para entregar as obras para o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”, en calquera das súas categorías ( infantil, xuvenil, e adultos) e modalidades (poesía e relato curto). Este ano os traballos poden enviarse por email á dirección: arumescorgo@gmail.com ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo)
Agardamos contar coa vosa participación!

sábado, 6 de julio de 2013
ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO
- Xornadas Técnicas Hortofamiliares: Sábado 6 de xullo.
Horario: de 10- 14 h. clase teórica na Casa das Asociacións do Corgo (Antigas escolas). De 16- 20 h. clases teoricas-prácticas.
Número máximo de asistentes: 25
Prazo para apuntarse: Do 23 de xuño ó 1 de xullo (por orden de inscripción ata que se cubran as prazas).
- Camiño de Santiago (Norte): 6ª Etapa: Baamonde- Braña. – Domingo 7 de xullo
Distancia: 19,2 km (aproximadamente).
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
Prezo: 10€ (cada persoa levara se quere bocata e bebida). Non socios: 12€
- Exposición e demostración de cómo se traballa o liño a cargo de membros da Asociación de mulleres de San Bartolomeu de Insua (Vilalba).
Sábado 13 de xullo
Lugar: Centro Sociocultural do Corgo
Horario: Mañá de 11 a 2 h.
Tarde: 4-8 h.
- I Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes: Domingo 21 de xullo
Lugar: Carballeira do San Bernabé (Castrillón)
Cada socio que queira participar, terá que poñerse en contacto cos socios organizadores, para indicar: nº de persoas que vai levar a xuntanza, mais a comida ou bebida que vai aportar.
Prazo máximo para apuntarse: 16 de xullo
- Presentación da revista Corga nº 4 na Galeria Sargadelos.
- Excursión a Astorga-Castrillo de los Polvazares: Sábado 28 de setembro.
Prazo máximo para apuntarse e pagar: 16 de setembro
Un numeroso grupo de socios realizou unha excursión polo cañón do Sil no tren turístico “Aba Sacra” o domingo 30 de xuño. A actividade consistiu en saír en tren dende Doade, para despois visitaren o Val da Lenda, un Mirador sobre o cañón do Sil, a Vía romana Appia, a adega “Regina Viarum” , e a Reitoral de Gundivós, onde agardaba a explicación de cómo se fai esta cerámica única en Europa. Os socios participantes tamén disfrutaron dunha viaxe en catamarán, dende o que contemplar as paisaxes. A última hora da tarde e xa para rematar, realizouse unha visita á vila de Castro Caldelas, na provincia de Ourense.

miércoles, 1 de mayo de 2013
ACTIVIDADES A.C. ARUMES DO CORGO
Nas vindeiras datas a A.C. Arumes do Corgo organiza as seguintes actividades:
- Revista Corga: Está aberto o prazo de entrega de traballos para o número 4 da revista Corga, e remata o 30 de abril. Os criterios de publicación están expostos no Regulamento de Réxime Interno ( e resumidos nas Normas de publicación) que poderá atopar no blog do Centro de Estudos do Corgo: http://ocorgo.blogspot.com .
- Viaxe gastronómica: Feira do viño do Ribeiro-Ribadavia (Ourense). Sábado 4 de maio.
Prezo: 20€ socios. Se quedan prazas 25€ non socios
Hora de saída: 8:30 da mañá de detrás do concello
Prazo máximo para apuntarse e pagar: 29 de abril
- Camiño de Santiago (Norte): 2ª Etapa: Villamartín Pequeno- Mondoñedo. Venres 17 de maio:
Distancia: 20 km (aproximadamente).
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
Prezo: 10€ (cada persoa levará se quere bocata e bebida). Non socios: 12€
- Camiño de Santiago (Norte): 3ª Etapa: Mondoñedo- Abadín. Domingo 19 de maio:
Distancia: 17 km (aproximadamente).

- VI encontro de Asociacións Culturais Galegas. Sábado 25 Maio. Nesta ocasión a asociación encargada da organización é A.C. Redes-Camouco do Ferrol. Programa. Un roteiro en lancha pola ría de Ferrol. Unha vez que remate a viaxe polo mar haberá un pequeno refrixerio no peirao de Mugardos. Despois un percorrido a pé duns doce quilómetros. O xantar no Mosteiro de Sta Catalina ou fóra se fai bo tempo. Visita guiada ao mosteiro.
Hora de saída: 8:00 h. da gasolineira de Gomeán
Prazo máximo para apuntarse: 5 de maio
Prezo: (sen confirmar aínda pola Asociación de Ferrol.- aproximadamente 30-35€ (lancha comida e autobús).
Compartimos dende aquí algunhas imaxes dos participantes nas actividades realizadas recentemente polos socios e socias da A.C. Arumes do Corgo.
- Excursión á mostra do encaixe de Camariñas:

- Excursión a Burgos-Palencia:

- Ruta ao Caxigal:
.JPG)
Agardamos que as actividades realizadas fosen do voso agrado e que contemos coa vosa participación nas vindeiras.

martes, 2 de abril de 2013
NOVAS ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO
Ruta de sendeirismo: Sobrado-Caxigal-Franqueán: Domingo 21 de abril
Distancia circuíto: 12 km.
Hora de saída: ás 9 e 1/2 da mañá de Sobrado (campo da feira).
Percorrido: Comenzamos en Sobrado do Picato, polos limites dos concellos de Baralla, Castroverde e o Corgo, Caxigal (punto máis alto do noso concello), Férveda e Franqueán.
Dispoñemos dun local habilitado en Franqueán para poder comer o “bocata” (para aquelas persoas que o consideren, e pola súa conta).
Camiño de Santiago (Norte): 1ª Etapa: Ribadeo: Sábado 27 de abril
Distancia: 20 km (aproximadamente).
Hora de saída: 8 da mañá (de detrás do concello).
Prezo: 10€ (cada persoa levara se quere bocata e bebida).
Prazo máximo para apuntarse e pagar: 21 de abril.
Revista Corga: Está aberto o prazo de entrega de traballos para o número 4 da revista Corga, e remata o 30 de abril. Os criterios de publicación están expostos no Regulamento de Réxime Interno ( e resumidos nas Normas de publicación) que poderá atopar no blog do Centro de Estudos do Corgo: http://ocorgo.blogspot.com .
Viaxe gastronómica: Feira do viño do Ribeiro-Ribadavia (Ourense). Sábado 4 de maio
Prezo: 20€ socios. Se quedan prazas 25€ non socios
Hora de saída: 8 e ½ da mañá de detrás do concello
Prazo máximo para apuntarse e pagar: 26 de abril
Agardamos contar coa vosa participación.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)