martes, 8 de abril de 2014

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO

- Camiño de Santiago (Fisterra):  4ª Etapa:  Corcubión-Fisterra-Faro.-Sábado 12 de abril
Distancia:16,4 km (aproximadamente).
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).

- Club de Lectura.- Venres 25 de abril O libro que imos ler nesta ocasión é  "A BIBLIOTECA DA IGUANA", de Xosé Miranda. - Coma sempre podedes pedir prestado o libro á Asociación.
Hora: as  20:00 h. na Casa das Asociacións

- Ruta de sendeirismo: A Fonsagrada-Rio de Porcos- Feira do viño de Negueira de MuñizSábado 26 de abril
Prazo máximo para apuntarse20 de abril (debido a que nesa zona non poden circular autobuses de mais de 31 prazas, unha vez  que se cubran esas prazas pecharemos a inscripción)
Breve parada na Fonsagrada. Despois visitaremos a Seimeira de Vilagocende (camiñata dende o autobus de 1km ida e outro de volta). Na Ponte de Villabol de Suarna  comenzamos unha ruta de sendeirismo duns 10 km. aprox., percorrrido de gran veleza paisaxísta ata Vilar de Cuiña. De aquí desprazámonos a  Río de Porcos (camiñata aprox. dende o autobus de 1km ida e outro de volta).  Xantar en Negueira de Muñiz onde  se celebra ese dia a súa Feira do viño.
       Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello)
        Prezo: 22€.

- Revista Corga: Está aberto o prazo de entrega de traballos para o número 5 da revista Corga, e remata o 30 de abril. Os criterios de publicación están expostos no Regulamento de Réxime Interno (e resumidos nas Normas de publicación) que poderá atopar no blog do Centro de Estudos do Corgo: http://ocorgo.blogspot.com .

- Excursión á fervenza do Ézaro (Dumbría-A Coruña)  e ruta de sendeirismo .- Sábado 3 de maio
Hora de saída: 8:00 da mañá (de detrás do concello).
Prazo máximo para apuntarse: 26 abril
 Prezo: Socios 12€ (cada persoa levara se quere bocata e bebida). Non socios: 14€

- Excursión a Combarro-Mosteiro de Poio:  Sábado 17 de maio
Prazo máximo para apuntarse 6 de maio.

- Encontro  das Asociacións: Sábado 31 de maio
Asociación organizadora: Arcas de Sarria
Programa: 9:30 chegada dos grupos participantes ao Hotel Alfonso IX; 10:15 comezo do roteiro “Da Foz das Aceas” polas beiras do rio Sarria; 14:30 Xantar
Prazo : Ata o 15 de marzo (para que poidan reservar con antelación o restaurante).

- Viaxe gastronómica: Feira do viño de  Valdeorras: Domingo 13 de xullo

- II  Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes:
Domingo 27  de  xullo
Lugar: Carballeira do San Bernabé (Castrillón)
Hora: As 14 h..-  Cada socio que queira participar, terá que poñerse  en contacto cos socios organizadores, para indicar o  nº de persoas que vai levar a xuntanza. O importe total dividirase  por o número de asistentes que participen.
Prazo máximo para apuntarse20 de xullo

- Curso sobre  ecoloxía e identificación de cogumelos:  13, 14 de Novembro. Saída ao campo : Sábado ,15 Novembro (pola mañá)

-  VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”. O 15 de novembro remata o prazo para entregar as obras  para  o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”, en calquera das súas categorías ( infantil, xuvenil, e adultos) e modalidade (poesía
e relato curto). Os traballos poden enviarse por email a dirección: arumescorgo@gmail.com ,ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo).

Para calquera actividade  poden confirmar a súa asistencia, nos plazos que  respectivamente lles comunicamos,  no correo: arumescorgo@gmail.com
Esperamos contar coa súa presenza.      

lunes, 17 de febrero de 2014

NOVAS ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES

Xa ben entrados no 2014, as actividades da A.C. Arumes continúan. Informamos dalgunhas delas co gallo de que participedes con nós.


Visita á exposición: “Tear, tecidos e teceláns”.
Mércores 19 de febreiro
Lugar.Capela de Santa María.
Hora : 17:00 h (diante da capela). Nesta mostra recréase todo o proceso de fabricación artesá dun produto téxtil dende o momento da preparación do fío. Exhíbense máis de 20 pezas, entre as que figuran un tear, urdideiras ou lizos, así como 15 mostras de diferentes tecidos realizados con esta técnica. Na Sala do Centro de Artesanía tamén se amosan ó público 15 pezas realizadas con tear tradicional con materiais como estopa, algodón, lá de ovella tinguida ou liño.
Asistiremos ademais a unha demostración en vivo na Sala de Exposicións do Centrad. A entrada á exposición e ás demostracións é gratuita. 

Celebración do entroido: Xantar de confraternización
Sábado 1 de marzo  
Hora:14:00h no  Hostal Prados (NVI -Veiga de Anzuelos (fronte a Leite Río)). Prazo  máximo para apuntarse: 23 de febreiro.
   Prezo: 15€.


Curso de  inxertos,  poda, e  pragas de árbores frutais. Sábado 22  de marzo
Clases teóricas e practicas.
   Prazo  máximo para apuntarse: 15 de marzo


Excursión a Rioxa e Haro.- Sábado e Domingo (29 e 30 de marzo).
 Prezo: 105€ socios (inclúe: autobús, comida, cena e aloxamento  do sábado, almorzo e comida do  domingo, guía, e seguro de viaxe. Non inclúe entradas aos monumentos) - 110€ non socios (sempre que      queden vacantes).
  Prazo máximo para apuntarse e pagar9 de marzo.
  (Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 40 persoas).

Club de Lectura.- Escolleuse nesta edición ao autor Xosé Miranda. Proximamente comunicaremos a obra escollida.

Ruta de sendeirismo: A Fonsagrada-Rio de PorcosSábado 26 de abril
Prazo máximo para apuntarse20 de abril

Encontro  das AsociaciónsSábado 31 de maio
  Asociación organizadora: Arcas de Sarria
  Programa: 9:30 chegada dos grupos participantes ao Hotel Alfonso IX- 10:15 comezo do roteiro “Da Foz das   Aceas” polas beiras do rio Sarria. 14:30 Xantar
  Prazo : Ata o 15 de marzo (para que poidan reservar con antelación o restaurante).

Excursión a Combarro-Mosteiro de Poio:  Domingo 22 de xuño
Prazo máximo para apuntarse 15 de xuño.

Viaxe gastronómica: Feira do viño de  Valdeorras: Domingo 13 de xullo

II  Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes:
Domingo 27  de  xullo
  Lugar: Carballeira do San Bernabé (Castrillón)
 Hora: 14.00 h..-  Cada socio que queira participar, terá que poñerse  en contacto cos socios organizadores,  para indicar o  número de persoas que vai levar á xuntanza. O importe total dividirase  polo número de    asistentes  que participen.
 Prazo máximo para apuntarse20 de xullo

Tamén continuaremos a realizar etapas do Camiño de Santiago, ata chegarmos a Fisterra. Anunciaremos proximamente as datas.

Agardamos dende a A.C. Arumes que as actividades sexan do voso agrado e nos acompañedes.

PREMIOS DA VII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”

O sábado, 21 de decembro, as 8 da tarde no Centro Sociocultural de O Corgo celebrarase a entrega de premios do VII Certame Literario "Terras de Chamoso".

A maiores da entrega dos premios aos gañadores disfrutamos da actuación de música e baile a cargo da Asociación A Legua Dereita de O Corgo e dos músicos Tonecho Castelos e Pablo Esqueira e un recital a cargo dos agasallados, que nos ofreceron as poesías gañadoras no certame.

Os premiados nesta edición foron:

CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade: poesía
1º premio:   Carla Castedo Pereira de Francelos (Castroverde), pola obra “Soñar”.
2º premio:   Lara Domínguez Chantres de Cádavo (Baleira), pola obra “A choiva”.
Modalidade: relato
1º premio:   Alicia garcía Cabaleiro de Laxes (O Corgo), pola obra “O ladrón de personaxes”.
2º premio:   Unai Celeiro Díaz de Touville (Láncara), pola obra “O Castiñeiro ledo”.

CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade: poesía
1º premio:   Cristina Pernas Pereiro de Paradela (O Corgo), pola obra “Saudade dun piano de guerra”.
2º premio:   Sabela Rodríguez Reino de  A Coruña, pola obra “A música vai por dentro”.
Modalidade: relato
1º premio:   Antón Vázquez Arias de Zolle (Guntín), pola obra “Beleza Inerte”.
2º premio:   Lucía González Campos de Montecubeiro (Castroverde), pola obra “Témoste aquí, queridiña”.

CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade: poesía
1º premio: Rocio Leira Castro de Pereira-cée (A Coruña), pola obra “Mensaxes Cifradas”           .
2º premio: Xosé Otero Canto de Lugo, pola obra “Perdida Vaga”.     
Modalidade: relato
1º premio:   José A. Castro Ferreiro de Lugo,  pola obra “Berce de Soños”.
             2º premio: Beatriz López Dorado de Lugo, pola obra “Bicos Carmiña”.

Agradecemos dende a Xunta Directiva da A.C. Arumes a colaboración das persoas que formaron parte do xurado nesta edición:

D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna Adela Figueroa Panisse
D. Carlos  M. Callón Torres

Noraboa a todos os premiados e o noso agradecemento aos moitos participantes que ano tras ano presentan traballos a este certame, salientables tanto en número como en calidade.

miércoles, 23 de octubre de 2013

VII CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

Por sétimo ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao e-mail: arumescorgo@gmail.com Deberán enviarse no mesmo correo electrónico dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro onde constará o lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior o nome apelido do autor/a, domicilio, teléfono, poboación de residencia. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes, entregando únicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.
5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 15 de novembro de 2013.
6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 21 de decembro de 2013 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.


DÍPTICO COAS BASES PARA IMPRIMIR

domingo, 20 de octubre de 2013

RESULTADOS DA V CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"

CARLOS VILLAMOR IMPONSE NA V CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO 
Pena Holguín e Juan Antonio Gude completaron o podio dunha cita asentada no calendario de carreiras populares lucenses e galegas
 
A proba contou con máis de 300 participantes de todas as idades, desde nenos e nenas de 3 anos a veteranos
 

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, participou esta mañá na entrega de premios da V Carreira Popular “Arumes do Corgo”, que organiza a asociación homónima, e na que participaron máis de 300 deportistas de todas as idades, desde nenos e nenas de 3 anos ata veteranos. O gañador da proba absoluta foi Carlos Villamor, que entrou na meta cun tempo de 16:36, seguido de Juan Pena Holguín e Juan Antonio Gude Vila. Na categoría feminina a vencedora foi a corredora de Bóveda Luísa González Somoza, que entrou na meta seguida de preto por Raquel Suárez Pedrosa, ambas moi distanciadas, con máis de 3 minutos, de Ana Abuín.
 
 
A V Carreira Popular Arumes do Corgo estivo organizada pola propia asociación coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o apoio económico da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
 

É unha carreira totalmente consolidada no calendario de atletismo a nivel galego; así o demostra o alto grado de participación acadado nesta edición, na que participaron máis de 300 corredores. Todo isto é debido a un gran traballo a nivel organizativo dos membros de Arumes do Corgo, e grazas á colaboración económica tanto do concello do Corgo, como da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, así como o apoio técnico da Federación Galega de Atletismo.

Na carreira déronse todos os premios por categorías con trofeo, unha camiseta para os 150 primeiros participantes da xeral e para todas as categorías inferiores, e premios en metálico para a clasificación xeral individual, tanto para homes como para mulleres.
 

martes, 8 de octubre de 2013

V CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"

Despois do éxito das catro primeiras edicións, o 20 de outubro de 2013 (domingo) celebrarase pola mañá, no concello do Corgo (en fronte do CEIP do Corgo) a quinta carreira popular pedestre "ARUMES DO CORGO".
- Limiar
- Presentación da carreira

viernes, 6 de septiembre de 2013

Entrega de obras para o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”

Dende a A.C. Arumes do Corgo queremos lembrar que o 15 de novembro remata o prazo para entregar as obras para o VII Certame Literario “ Terras de Chamoso”, en calquera das súas categorías ( infantil, xuvenil, e adultos) e modalidades (poesía e relato curto). Este ano os traballos poden enviarse por email á dirección: arumescorgo@gmail.com ou por correo ordinario a: Asociación Cultural Arumes do Corgo. Casa das Asociacións s/n. 27163 O Corgo (Lugo)

Agardamos contar coa vosa participación!