domingo, 11 de octubre de 2026

XX CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

Por vixésimo ano consecutivo, a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración do Concello do Corgo e a Asociación Cultural A Legua Dereita, quere premiar a todos/as os/as autores/as que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego.

Nesta edición tan especial, a XX, contamos cun novo premio para fomentar a dramaturxia breve, que leva o nome da nosa veciña Benedicta Sánchez, premio Goya como mellor actriz revelación en 2020. Ademais teremos por primeira vez con premios económicos para o primeiro premio da categoría de adultos de relato e poesía, así como tamén no premio de dramaturxia.

As bases do certame son as seguintes:

1. Idioma: todos os textos presentados teñen que estar escritos en lingua galega.

2. Categorías:

- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 13 anos, incluídos).

- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 17 anos, incluídos).

- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de idade).

Os anos míranse na data da convocatoria do certame: 1 de outubro de 2026.

3. Modalidades:

- POESÍA (de 30 a 60 versos)

- RELATO CURTO (de 3 a 6 páxinas escritas a dobre espazo, calibri 12 e marxes de 2,5 cm).

NOTAS: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior (30 versos ou 3 páxinas), pero si superior, podendo entregarse escritos a man. A temática é libre para todas as categorías.

4. Premio de dramaturxia “Benedicta Sánchez”:

- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de idade).

- TEXTOS DRAMÁTICOS (de 8 a 12 páxinas escritas a dobre espazo, calibri 12 e marxes de 2,5 cm).

- TEMÁTICA: O rural galego.

- DESCRICIÓN: Trátase de crear unha pequena peza teatral de doada montaxe, é dicir, cun número de personaxes que non supere os cinco e unha sinxela escenografía. A asociación organizadora poderá encargar a representación da obra gañadora para ser visualizada tanto no acto de entrega de premios do seguinte certame como noutro evento de índole cultural durante dous anos.

5. Premio “A Legua Dereita”:

- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 13 anos, incluídos).

- RELATO CURTO (ata 6 páxinas, podendo entregarse escritas a man).

- TEMÁTICA: A cultura tradicional galega.

- DESCRICIÓN: Entre os relatos curtos da categoría infantil que participen neste certame, o premio especial “A Legua Dereita” pretende destacar aquelas creacións que poñan en valor e enxalcen a cultura tradicional galega. O xurado considerará como elixíbeis para este premio aquelas obras que relaten feitos ou costumes da vida cotiá do noso pobo que aconteceron, ou poderían ter acontecido, na sociedade galega de antano. Poderán ser, por exemplo, lendas, contos, historias de namorar, relatos sobre a música e o baile tradicional ou acontecementos históricos, entre outros.

5. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando no asunto do correo a categoría e a modalidade, título e pseudónimo. Remitiranse exclusivamente en formato dixital ao correo-e: arumescorgo@gmail.com. Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF:

- Un terá o contido da obra e obrigatoriamente conterá un título identificativo e un pseudónimo. O nome do arquivo será: “titulo_da_obra.pdf” (é dicir en minúsculas, sen tildes e con barra baixa nos espazos).

- O outro conterá os datos identificativos do autor/a sendo obrigatorios: modalidade, categoría, título, pseudónimo, nome e apelidos, data de nacemento, domicilio (parroquia e concello), DNI, correo electrónico e teléfono de contacto (recoméndase dixitalizar o DNI e incluílo no documento). O nome do arquivo será: “plica_titulo_da_obra.pdf” (é dicir en minúsculas, sen tildes e con barra baixa nos espazos).

Este segundo arquivo, será custodiado polo secretario do certame, entregando unicamente aos membros do xurado o primeiro dos arquivos.

6. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 27 de novembro de 2026 (ata as doce da noite).

7. Premios: para cadansúa categoría, nas modalidades de poesía e relato establécense un primeiro premio e un accésit. Por outra banda, haberá un único premio “Legua Dereita” e de dramaturxia. Cada un destes premios consistirá nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.

Os primeiros premios de poesía e relato na categoría de adultos e o de dramaturxia recibirán, tamén, 200€ en metálico, coas retencións ás que houbese lugar.

8. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores/as de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras. Para dirimir o premio “A Legua Dereita” contaremos co asesoramento de membros da Xunta Directiva da Asociación Cultural A Legua Dereita do Corgo .

9. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 19 de decembro de 2026 no Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) acompañada do recitado das poesías gañadoras e dalgunha actuación.

10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase os dereitos de publicación das obras premiadas durante dez anos, así como os dereitos de representación do premio de dramaturxia “Benedicta Sánchez” do xeito que se detallan no punto 4 destas bases. Aquelas persoas que queiran publicar un traballo gañador, ou representar o texto premiado co premio “Benedicta Sánchez”, terán que facer constar que recibiron o premio Terras de Chamoso na edición, categoría e modalidade que corresponda.

Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.

sábado, 20 de diciembre de 2025

ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XIX EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”

Sendo as 18:30 h do día 15 de decembro de 2025, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XIX edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:

D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano

D. Xosé Manuel Castro Castedo

Dna. Patricia Torrado Queiruga

D. Xosé Manuel do Castro

Dna. Ana Belén Corbacho

Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.

Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XIX edición do certame literario “Terras de Chamoso” como segue:

CATEGORÍA: INFANTIL

Modalidade: poesía

1º premio:   deserto.

2º premio:   deserto.

Modalidade: relato

1º premio:   Álex Veites Freire, de Salceda de Caselas (Pontevedra), pola obra “Doutor de xoguetes”.

2º premio:   Lucas Ferreiro Sánchez, de Cabreiros (O Corgo), pola obra “E ti de quen vés sendo?”.

Accésit:       Sarela Ouro Viana, de Chantada, pola obra “Memorias dunha tartaruga mariña”.

Premio “A Legua Dereita”: Claudia Berraquero Balboa, de Folgoso do Courel, pola obra “Miguel e o apalpador”.

CATEGORÍA: XUVENIL

Modalidade: poesía

1º premio:   Paula Reija Folgueira, de Castroverde, pola obra “Voces loitadoras”.

2º premio:   Aisha Rodríguez Porto, de Chantada, pola obra “Quen son?”.

Modalidade: relato

1º premio:   Irene López Lago, de Seoane do Courel (Folgoso do Courel), pola obra “Cartas de amor”.

2º premio:   María Crespo Vázquez, de Chantada, pola obra “Samaín ou realidade?”.

CATEGORÍA: ADULTOS

Modalidade: poesía

1º premio:   Rosa María (Rochi) Nóvoa Vázquez, de Xunqueira de Ambía (Ourense), pola obra “Cando a luz viña camiñando”.

2º premio:   Carla Tilve Corbacho, de Xeve (Pontevedra), pola obra “Despois de ser filla”.

Modalidade: relato

1º premio:   Miguel Ángel Casariego Paz, de Cangas (Foz), pola obra “Cadaleito”.

2º premio:   Sonia Corral Franco, de San Sadurniño (A Coruña), pola obra “Terrores nocturnos”.

Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita” e de D. Manuel Fernández López e Dna. Chelo Vázquez Castro polo seu asesoramento nas categorías infantil e xuvenil.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 20:00 h do día 15 de decembro de 2025.

domingo, 7 de septiembre de 2025

XIX CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

Por décimo noveno ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración do Concello do Corgo e a Asociación Cultural A Legua Dereita, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.

2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 13 anos, incluídos).

- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 17 anos, incluídos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de idade).

Os anos míranse na data da convocatoria do certame: 1 de setembro de 2025.

3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

4. Premio "A Legua Dereita":
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 13 anos, incluídos).

- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
- TEMÁTICA: A cultura tradicional galega.
- DESCRICIÓN: Entre os relatos curtos da categoría infantil que participen neste certame, o premio especial "A Legua Dereita" pretende destacar aquelas creacións que poñan en valor e enxalcen a cultura tradicional galega. O xurado considerará como elixíbeis para este premio aquelas obras que relaten feitos ou costumes da vida cotiá do noso pobo que aconteceron, ou poderían ter acontecido, na sociedade galega de antano. Poderán ser, por exemplo, lendas, contos, historias de namorar, relatos sobre a música e o baile tradicional ou acontecementos históricos, entre outros.

5. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Remitiranse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao correo-e: arumescorgo@gmail.com.  Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando unicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.

6. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 23 de novembro de 2025.

7. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
O premio "A Legua Dereita" contará, a maiores da cerámica do país, cun lote de libros (relacionados coa cultura tradicional galega) e co correspondente diploma acreditativo.

8. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras. Para dirimir o premio "A Legua Dereita" contaremos con membros da Xunta Directiva da Asociación Cultural A Legua Dereita do Corgo.

9. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 20 de decembro de 2025 no Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) acompañada de actuacións e de varias sorpresas.

10. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non solicitan a súa devolución.

11. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.

lunes, 7 de octubre de 2024

XVIII CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

Por décimo oitavo ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración do Concello do Corgo e a Asociación Cultural A Legua Dereita, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.

2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 13 anos, incluídos).

- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 17 anos, incluídos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de idade).

Os anos míranse na data da convocatoria do certame: 1 de outubro de 2023.

3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

4. Premio "A Legua Dereita":
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 13 anos, incluídos).

- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
- TEMÁTICA: A cultura tradicional galega.
- DESCRICIÓN: Entre os relatos curtos da categoría infantil que participen neste certame, o premio especial "A Legua Dereita" pretende destacar aquelas creacións que poñan en valor e enxalcen a cultura tradicional galega. O xurado considerará como elixíbeis para este premio aquelas obras que relaten feitos ou costumes da vida cotiá do noso pobo que aconteceron, ou poderían ter acontecido, na sociedade galega de antano. Poderán ser, por exemplo, lendas, contos, historias de namorar, relatos sobre a música e o baile tradicional ou acontecementos históricos, entre outros.

5. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Remitiranse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao correo-e: arumescorgo@gmail.com.  Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando unicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.

6. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 29 de novembro de 2024.

7. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
O premio "A Legua Dereita" contará, a maiores da cerámica do país, cun lote de libros (relacionados coa cultura tradicional galega) e co correspondente diploma acreditativo.

8. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras. Para dirimir o premio "A Legua Dereita" contaremos con membros da Xunta Directiva da Asociación Cultural A Legua Dereita do Corgo.

9. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 21 de decembro de 2024 no Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) acompañada de actuacións e de varias sorpresas.

10. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non solicitan a súa devolución.

11. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.

viernes, 29 de diciembre de 2023

ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XVII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”

Sendo as 19:45 h do día 11 de decembro de 2023, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XVII edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:

D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano

D. Xosé Manuel Castro Castedo

Dna. Montserrat González Álvarez

D. Xesús Bermúdez Tellado (Suso de Merelas)

D. Manuel Vázquez

Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.

Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XVII edición do certame literario “Terras de Chamoso” como segue:

CATEGORÍA: INFANTIL

Modalidade: poesía

1º premio:   Paula Reija Folgueira, de Castroverde, pola obra “Morriña de Galicia”.

2º premio:   Daniela Freire Toimil, de Montecubeiro (Castroverde), pola obra “Miña terriña galega”.

Modalidade: relato

1º premio:   Mia Shine Yáñez, de Arxemil (O Corgo), pola obra “A pereira da tía Miseria”.

2º premio:   Carla Carracedo Fernández, de Castroverde, pola obra “Vivencias dos labregos nos anos 40-50”.

Accésit:       Daniela Alvariño Pereira, da Fontaneira (Baleira), pola obra “A nena á que non lle comeu a lingua o gato”.

Premio “A Legua Dereita”: Carla Carracedo Fernández, de Castroverde, pola obra “Vivencias dos labregos nos anos 40-50”.

CATEGORÍA: XUVENIL

Modalidade: poesía

1º premio:   deserto.

2º premio:   Uxía Seoane Duro, da Estrada (Pontevedra), pola obra “A miña terra”.

Modalidade: relato

1º premio:   deserto.

2º premio:   Ana Lestao Ben, de Burela, pola obra “As cousas cambian”.

CATEGORÍA: ADULTOS

Modalidade: poesía

1º premio:   Jorge Carril Espido, da Coruña, pola obra “Lembranza”.

2º premio:   Susana Antón Mandayo, de Pontevedra, pola obra “Explicación da explicación”.

Modalidade: relato

1º premio:   Adrián Pérez Bote, de Madrid, pola obra “A defensa d’O Val”.

2º premio:   Julio Romero Suárez, de Arteixo (A Coruña), pola obra “O miradoiro de Suevos”.

Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita” e de D. Manuel Fernández López e Dna. Chelo Vázquez Castro polo seu asesoramento nas categorías infantil e xuvenil.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 21:00 h do día 11 de decembro de 2023.

jueves, 14 de diciembre de 2023

ENTREGA DE PREMIOS DO XVII CERTAME LITERARIO TERRAS DE CHAMOSO

SÁBADO, 16 DE DECEMBRO DE 2023, ÁS 19:00 H

Punto de Atención á Lectura do Corgo, PALCO (Antigas escolas do Corgo)

PROGRAMA:

·         Apertura musical a cargo da A.C. A Legua Dereita.

·         Entrega de premios do certame.

·         Recitado das poesías gañadoras.

·         Actuación dos Zanfoneiros da Tradescola: “Cantigas e Romances”.

domingo, 22 de octubre de 2023

XVII CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

Por décimo sétimo ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración do Concello do Corgo e a Asociación Cultural A Legua Dereita, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.

2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 13 anos, incluídos).

- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 17 anos, incluídos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de idade).

Os anos míranse na data da convocatoria do certame: 1 de outubro de 2023.

3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

4. Premio "A Legua Dereita":
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 13 anos, incluídos).

- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
- TEMÁTICA: A cultura tradicional galega.
- DESCRICIÓN: Entre os relatos curtos da categoría infantil que participen neste certame, o premio especial "A Legua Dereita" pretende destacar aquelas creacións que poñan en valor e enxalcen a cultura tradicional galega. O xurado considerará como elixíbeis para este premio aquelas obras que relaten feitos ou costumes da vida cotiá do noso pobo que aconteceron, ou poderían ter acontecido, na sociedade galega de antano. Poderán ser, por exemplo, lendas, contos, historias de namorar, relatos sobre a música e o baile tradicional ou acontecementos históricos, entre outros.

5. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Remitiranse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao correo-e: arumescorgo@gmail.com.  Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI, correo electrónico e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando unicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.

6. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 27 de novembro de 2023.

7. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
O premio "A Legua Dereita" contará, a maiores da cerámica do país, cun lote de libros (relacionados coa cultura tradicional galega) e co correspondente diploma acreditativo.

8. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras. Para dirimir o premio "A Legua Dereita" contaremos con membros da Xunta Directiva da Asociación Cultural A Legua Dereita do Corgo.

9. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 16 de decembro de 2023 no Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO) acompañada de actuacións e de varias sorpresas.