miércoles, 13 de junio de 2012

Excursión a Padrón e Club de lectura

O domingo 20 de maio un numeroso grupo de socios da A.C. Arumes do Corgo viaxaron ata Padrón.
Os participantes visitaron, entre outros atractivos da zona, o xardín botánico ou a casa, hoxe museo, que pertenceu á grande figura das Letras Galegas Rosalía de Castro e os impresionantes xardíns do Pazo de Oca.

Outra actividade realizada recentemente pola A.C. Arumes do Corgo, xa consolidada ao longo de varias edicións, é o club de lectura. Nesta ocasión o autor elixido foi Isidro Novo coa súa obra "Cabalo do demo e outros invertebrados". O encontro co autor tivo lugar o venres 25 de maio, na Casa das Asociacións. Os asistentes tiveron a posibilidade de falar co autor acerca do libro en cuestión ou do seu traballo en xeral.