miércoles, 13 de diciembre de 2017

RESOLUCIÓN DO XI CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"

ACTA DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XI EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”


Sendo as 18:30 h do día 12 de decembro de 2017, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XI edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:

D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna. Ánxela Gracián
D. Carlos Coira Nieto
D. Mario Outeiro Iglesias

Exercendo de secretaria do xurado, sen voto, a presidenta da A.C. Arumes do Corgo Dna. Josefa González Díaz.

Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XI edición do certame literario “Terras de Chamoso” como segue:

CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade: poesía
1º premio:   Miguel Villanueva Moretón, de Gracián-Arcos (Castroverde), pola obra “Queiman Galicia”.
2º premio:   Yare Brea Espinosa, da Coruña, pola obra “O mosto do magosto”.
1º accésit:   Nerea Campos Castro, do Corgo, pola obra “O bosque”.
Modalidade: relato
1º premio:   María Calvar Giráldez, de Mos (Pontevedra), pola obra “Carmen, a esperanza de dona Gloria”.
2º premio:   Álvaro Muñiz Pérez, de Barredo (Castroverde), pola obra “Ditos das miñas avoas”.

CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade: poesía
1º premio:   Natalia Lema Otero, de Vimianzo (A Coruña), pola obra “Miserias do home”.
2º premio:   Laura López Esteban, de Lugo, pola obra “A confección dos soños”.
Modalidade: relato
1º premio:   Adrián Noia Vázquez, de Santiago de Compostela, pola obra “Diario dunha marea negra”.
2º premio:   Juan Carlos Regueiro García, da Coruña, pola obra “Domingo, o Curuxo”.

CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade: poesía
1º premio:   María Teresa Iglesias Yugat, de Santiago de Compostela, pola obra “Pensarte”.
2º premio:   José Ramón Sánchez Varela, de Carballo (A Coruña), pola obra “Días de inverno e fedor a loito”.
Modalidade: relato
1º premio:   Xosé Sobral Amoedo, de Santiago de Compostela, pola obra “A importancia dos detalles”.
2º premio:   Jonatán Cabaleiro, de Ponferrada, pola obra “O rescate do grandón”.

Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Mª Consuelo Vázquez Castro e D. Manuel Fernández López polo seu asesoramento nas categorías infantil e xuvenil. Asemade, xustifican o accésit entregado na categoría infantil pola cantidade de obras presentadas e pola calidade das obras gañadoras.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 20:00 h do día 12 de decembro de 2017.