FICHA TÉCNICA
DATA FUNDACIONAL: 7 de outubro de 2005
TELÉFONO: 626 73 93 90
CORREO-E: arumescorgo@gmail.com
PÁXINA WEB: http://arumescorgo.blogspot.com/
QUEN SOMOS?
A Asociación Cultural Arumes do Corgo é un colectivo con tres anos de actividade preocupado pola cultura do país e centrado no territorio de actuación que é o Concello do Corgo e arredores. Patrimonio, natureza, literatura, etnografía, lecer... son campos nos que levamos traballado ata o de agora coa axuda das institucións públicas e a colaboración con varias asociacións da comarca.
QUE FIXEMOS?
2005
- Xornadas de maxia e cinema (Nadal).
2006
- Contacontos: Fátima (Semana Santa).
- Ruta do Camiño Real (Semana Santa e verán).
- II Xornadas de cinema (verán).
- I Xornadas sobre patriomonio: “a Vía romana XIX-XX” (setembro).
2007
- III Xornadas de cinema (verán).
- II xornadas sobre patrimonio: “O Corgo na ruta xacobea” (setembro).
- Catalogación dos sartegos do Corgo (setembro).
- I Certame Literario “Terras de Chamoso” (Nadal).
2008
- I Xornadas de oficios artesanais: “O tecido” (Semana Santa).
- Cen anos de Himno, en colaboración coa A.C. Legua dereita (Maio).
- Ruta Albardeiro-Adai, en colaboración coa A.C. Amigos do Patrimonio de Castroverde (Maio).
QUE FAREMOS?
Antes de final de ano (pero sen data definida) queremos levar a cabo as seguintes actividades:
- III Xornadas sobre patrimonio: “A riqueza fluvial nas Terras de Chamoso”.
- II Certame Literario “Terras de Chamoso”.
- II Xornadas de oficios artesanais: “A cestería”.
- Excursións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario