sábado, 18 de julio de 2009

CLUB DE LECTURA: ENCONTRO CO AUTOR

O xoves, 27 agosto de 2009, ás 21:00 h no centro sociocultural do Corgo mantivemos o encontro co autor de "Limpeza de sangue" (Xerais): Rubén Ruibal. Despois dunha breve presentación (do autor e do libro) e entrevista persoal para coñecer mellor ao autor do primeiro libro do club de lectura, os asistentes tiveron a oportunidade de preguntar e comentar todas aquelas dúbidas, inquedanzas e sensacións que lles provocara o libro.



Rubén, socio da Asociación Cultural Arumes do Corgo, recibiu con esa obra o premio Álvaro Cunqueiro no ano 2005 e o Premio Nacional de Literatura Dramática no 2007.

3 comentarios:

r.r. dijo...

¡Moitas gracias pola invitación e pola noite agradable que me fixestes pasar, socios!

chelo dijo...

Grazas Rubén por facernos pasar unha tarde-noite tan agradable e enriquecedora. Grazas pola túa colaboración desinteresada con Arumes. Grazas por todo.. Chelo

r.r. dijo...

De desinteresada nada, Chelo. Paseino coma un enano con vós, ¿que mellor interese pode un ter?