miércoles, 30 de mayo de 2012

Ruta circular por Manán

O domingo 13 de maio, un grupo de membros da A.C. Arumes do Corgo realizaron unha ruta circular polo entorno dunha das parroquias do noso concello, a parroquia de Manán.
 O percorrido, de aproximadamente uns 8-9 Km, comezou ás 9 da mañá en San Cosme de Manán, e dende alí continuou por Hospital, A Chantada, Santa Mariña (onde se visitaron os sartegos que se atopan neste lugar), Mazo de Santa Comba, Lousado, Placer, Campa e Castro de Manán.

Unha vez finalizado o percorrido, visitouse a fragua do ferreiro de Manán, que realizou unha demostración de cómo se traballa o ferro.


No hay comentarios: