miércoles, 12 de septiembre de 2012

Próximas actividades

Relación de actividades que se realizarán próximamente:


-Revista Corga. A  presentación  do nº 3 da revista Corga, editada polo Centro de Estudos do Corgo coa colaboración de Arumes, terá lugar  o xoves 20 de setembro. 
 Hora: ás  8 da tarde na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo) de Lugo, a entrada é  gratuíta e aos asistentes faráselles entrega  dun exemplar da  revista.

-Actuación do grupo de teatro “Nova Escena”: Sábado 29 de setembro
Hora: ás 8 da tarde no Centro Sociocultural do Corgo. Entrada gratuíta.
Posta en escea da obra: “A herdanza da tía Constanza”.  
Sinopse . A  señora Constanza, unha rica propietaria acaba de morrer. Os seus herdeiros reúnense, a instancias do notario, no pazo que sempre habitara. A  lectura do testamento terá lugar na presenza dunha espiritista: será herdeiro único aquel que sexa  quen de pasar a noite seguinte no pazo…………….

-Excursión Km0Xoves 11 de outubro. Prazo máximo para inscribirse: domingo 23 de setembro. Lembrade que o momento de inscribirse tedes que pagar o importe da excursión que será de 5 ou 8 € dependendo do número de persoas que se apunten á excursión.
Programa: Visita complementaria a ”Productora de Tv”, cun percorrido a pé (hai que levar roupa e calzado cómodo), e como itinerario provincial as “Pallozas do Cebreiro”.

-IV Carreira Popular : Sábado 27 de outubro. Celebrarase pola mañá, (en fronte do CEIP do Corgo) a cuarta carreira popular pedestre “ ARUMES DO CORGO”.

-Curso de Micoloxia: A comenzos de novembro. Constara de varias actividades ( saída o campo, conferencia……..), a data dependerá de cando aparezan os primeiros cogumelos.

-Actuación do grupo “Teatro Hospital de Lugo”.Sábado 10 de novembro
Hora: ás 8 da tarde no Centro Sociocultural do Corgo. Entrada gratuíta.
Posta en escea da obra : “O anel máxico”. Sinopse. Trátase dunha peza cómica na que o autor, baseándose nun feito real do somnambulismo xoga con outros  tres elementos: a) Sospeita da infidelidade de dona Arxentina. B) Os celos do seu home, Calandrino, c) O poder máxico dun ANELO que o leva a preguntarse: “E eu quen veño sendo”.

-Excursión ás  Covas de Valporquero (León). Domingo 11 de novembro. O prazo de inscrición será até o mércores 31 de outubro.
Hora de saída: ás 7 da mañá de detrás do Concello do Corgo (o autobus fará unha parada  anterior en Laxosa ás 7 menos cuarto)
Prezo: 30€ para os socios (inclúe: autobus, comida e entrada ás covas (4,25 € ), e 35€ para os non socios, e sempre que queden vacantes.
Pola mañá faremos a visita ás Covas onde poderemos admirar as súas estalactitas e estalagmitas, e despois trasladaremonos a Vegacervera  para asistir a XXII Feira da Cecina do Chivo.

-VI Certame Literario “Terras de Chamoso”. O 15 de novembro remata o prazo para entregar as obras ao VI Certame Literario “Terras de Chamoso”, en calquera  das súas categorias (infantil, xuvenil e adultos) e modalidade (poesía e relato curto). MOI IMPORTANTE LEMBRAR QUE O PRAZO DE ENTREGA DE OBRAS REMATA O 15 DE NOVEMBRO.

-Club de Lectura. O encontro co  autor serÁ o  venres 16 de novembro  na Casa das Asociacións (antigas escolas do Corgo). O autor escollido para esta ocasión é  Marica Campo, e o libro “Confusión e morte de María Balteira”. Os socios interesados poden adquirilo  eles mesmos nas librarías, encargalo mediante a asociación, ou pedilo prestado da biblioteca da  asociación.

-VI Certame  Literario “Terras de Chamoso”.  O Certame Literario concluirá co acto de entrega de premios aos gañadores que será  o dia 22 de decembro (sábado) no Centro Sociocultural do Corgo.

Anímate. Gustaríanos contar coa túa presenza nas actividades que temos programadas.

No hay comentarios: