miércoles, 30 de mayo de 2012
Ruta circular por Manán
O percorrido, de aproximadamente uns 8-9 Km, comezou ás 9 da mañá en San Cosme de Manán, e dende alí continuou por Hospital, A Chantada, Santa Mariña (onde se visitaron os sartegos que se atopan neste lugar), Mazo de Santa Comba, Lousado, Placer, Campa e Castro de Manán.
Unha vez finalizado o percorrido, visitouse a fragua do ferreiro de Manán, que realizou unha demostración de cómo se traballa o ferro.
miércoles, 9 de mayo de 2012
Próximas actividades da A.C. Arumes do Corgo
Ruta circular por Manán. Domingo, 13 de maio. Distancia circuíto: 8-9 km.
Hora de saída: ás 9 da mañá de San Cosme de Manán (aparcadoiros na praza e na entrada de Manán). Accesos: Dende a estrada C-546 (Lugo-Sarria) indicador "San Cosme de Manán".
Percorrido: San Cosme de Manán-Hospital-A Chantada-Santa Mariña (visita aos sartegos)-Mazo de Santa Comba-Lousado-Placer-Campa-Castro de Manán. O final do percorrido visitaremos a fragua do ferreiro de Manán que nos fará unha demostración de cómo se traballa o ferro.
Dispoñemos dun local habilitado en Manán para poder comer o “bocata” (para aquelas persoas que o consideren e pola súa conta). A organización convida a viño e licores.
Excursión dun día: Padrón/Pazo de Oca. Domingo, 20 de maio. Prazo máximo para inscribirse: domingo 13 de maio. Custo 36 € (inclúe autobús, comida e entradas). Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 45 persoas.
Programa: Padrón: visita do Xardín Botánico, Santiaguiño “O pedron”, visita á casa museo de Rosalía de Castro (entrada incluída). Comida. Visita aos xardíns do Pazo de Oca (entrada incluída).
Club de lectura. O encontro co autor será o día venres, 25 maio, ás 20:30 h na Casa das Asociacións (antigas escolas do Corgo). O autor escollido para esta ocasión é Isidro Novo, co libro "Cabalo do demo e outros invertebrados". Os socios interesados poden adquirilo eles mesmos nas librarías, encargalos mediante a asociación ou pedilos prestados da biblioteca da asociación.
Encontro de asociacións. Día: Sábado, 26 de maio. O prazo de inscrición será ata o domingo, 13 de maio. Nesta ocasión a asociación encargada da organización é A.C. de Amigos do Patrimonio de Castroverde.
Feira do viño de Barrantes. Día 2 ou 3 de xuño (estamos pendentes de que publiquen o programa da festa).
Ruta circular por Franqueán. Día: Domingo, 17 de xuño. Distancia circuito: 10-11 km. Hora de saída: ás 9 da mañá xunto ao local social de Franqueán. Accesos: dende a autovía A6 saída "Corgo-Castroverde" ou dende a N-VI, indicador: Franqueán.
Percorrido: Franqueán-Muíño de Lucas-Monte de Silva-Fonte do Monte-Folgosa-Piñeiro (parada no pazo)-Reboredo-Vilacorbe-Férveda ou Cérvora (medorras)- Franqueán.
A organización dispón dun local habilitado (local social de Franqueán), para aquelas persoas que queiran e pola súa conta poidan facer o abituallamento con tranquilidade ao final da ruta. A organización convida a viño e licores.
Ruta polas Fraguas do Eume. Domingo, 8 de xullo. O prazo de inscrición será ata o domingo, 1 de xullo. Cada quen terá que levar a súa propia comida e bebida, porque xantaremos dentro da fraga.
Excursión Km0. Mércores, 18 de xullo. Prazo máximo para inscribirse: domingo 1 de xullo. Lembrade que no momento de inscribirse tedes que pagar o importe da excursión que será de 5 ou 8 € dependendo do número de persoas que se apunten á excursión.
Programa: visita complementaria ás ”Insuas do Miño en Rábade”, cun percorrido a pé (hai que levar roupa e calzado cómodo) e como itinerario provincial “Viveiro Histórico”.
Actuación do grupo de teatro “Nova Escena”: Sábado, 29 de setembro ás 8 da tarde no Centro Sociocultural do Corgo.
Actuación do grupo “Teatro Hospital de Lugo”: Sábado, 10 de novembro ás 8 da tarde no Centro Sociocultural do Corgo.
Anímate. Gustaríanos contar coa túa presenza nas actividades.
Gañadores da III Carreira popular Arumes do Corgo
Os resultados de todas as categorías foron os seguintes:
Júnior masculina:
1ºIván Armesto Fdez
2º Ricardo Fdez García
Júnior feminina:
1ª Mar López Rodríguez
Promesa masculina:
1º Marcos Oro Vence
2º Constantin Dragomir
Promesa feminina:
1ª Iria Castro
Sénior masculina:
1º Gustavo Platas
2º Juan Pena Holguín
3º Fernando Pérez Fernández
Sénior feminina:
1ª Águeda Blanco Pérez
2ª María Hurtado
3ª Luísa González Somoza
Veteranos 1:
1º José Manuel Corral
2º José Manuel Teijeiro Vila
3º José Luís Valiña Méndez
Veteranas 1:
1ª María Elva Méndez
2ª Sonia Vázquez Rodríguez
3ª Enma Iglesias Penelas
Veteranos 2:
1º Tito Gallego Moure
2º Juan José Casanova Vázquez
3º Gerardo Pérez Lenza
Veteranas 2:
1º Teresa Corral Marcos
2ª Ana María Ferradás Barrera
3ª María Xesús Adán López
Veteranos 3:
1º Javier Toro Montero
2º Manuel Vigo Mourullo
3º José Manuel Caramés
Dende a A.C. Arumes do Corgo damos a noraboa aos gañadores e agradecemos a participación de tódolos atletas nesta xornada deportiva. Agardamos contar coa súa presenza en vindeiras edicións.
lunes, 9 de abril de 2012
Excursión a Salamanca e Zamora
Os días 24 e 25 de marzo un grupo de socios da A. C. Arumes do Corgo realizou unha viaxe cultural polas cidades de Alba de Tormes, Salamanca, Ciudad Rodrigo e Zamora.
Na primeira das xornadas os participantes visitaron Alba de Tormes durante a mañá, achegándose despois de xantar á cidade de Salamanca, declarada Patrimonio da Humanidade, e disfrutaron de todo o seu conxunto monumental, destacando a Praza Maior de estilo barroco, o conxunto catedralicio e a Universidade.
Logo de pasar a noite, os socios desprazáronse ata Ciudad Rodrigo, cidade medieval amurallada. Pola tarde, continuaron ata a cidade de Zamora, onde disfrutaron dunha panorámica do río Douro e dunha visita pola localidade. Ao rematar a tarde, os participantes volveron ao Corgo despois de disfrutar de dúas xornadas de lecer.
sábado, 24 de septiembre de 2011
III CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO"

- Limiar

V CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"
1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.
4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo).
5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 23 de novembro de 2011.
6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 17 de decembro de 2011 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).
Para calquera dúbida relacionada co certame literario chamar ao número de teléfono: 626739390.
NON TE RETIRES, VOLTA A XOGAR
O programa "Non te retires, volta a xogar", está pensado para que as persoas da terceira idade do Corgo manteñan unha boa condición física. Está organizado pola Vicepresidencia Primeira da deputación de Lugo e a Fundación Balogal coa colaboración da Asociación Cultural Arumes do Corgo.
Dende a A.C. Arumes do Corgo dámoslle unha importancia máxima aos nosos maiores. Encontrámonos cunha sociedade onde cada vez a esperanza de vida e maior e polo tanto este grupo de poboación medra ano a ano. Cun prantexamento inicial de dúas sesións semanais, dunha hora cada unha, buscaremos a mellora na calidade de vida dos participantes, a través de incidir nalgunhas das capacidades condicionais básicas:
- Flexibilidade: desglosada en mobilidade articular e elasticidade.
- Resistencia: non entendida na súa vertente de rendemento, senon nunha mellora da capacidade aeróbica de base, mediante un exercicio de baixa intensidade pero sostido no tempo.
- Forza: de novo pensada e enfocada a mellora da calidade de vida diaria. Un fortalecemento e tonificación da musculatura mais precisa no día a día, así coma a faixa lumbo-abdominal, e sempre deixando unha porta aberta as individualidades.
A maiores destas capacidades condicionais, os exercicios e o mesmo deseño das sesións queren maximizar o traballo cognitivo dos participantes así como a interactuación entre eles. Estes dous apartados son de igual importancia que os anteriores posto que nesta franxa de idade é cando aparecen nunha maior porcentaxe as problemáticas nos apartados cognitivos. Do mesmo xeito, pola distribución espacial dun concello coma o noso, creemos que é positivo favorecer as xuntanzas ao mesmo tempo que se fagan dunha maneira que potencie a intreractuación cos demais.
Os lugares onde se vai a executar o programa son:
- Antiga escola de Adai (non no centro sociocultural).
- Local social de Cela.
Inicialmente partiremos cun grupo en cada lugar (se hai un mínimo número de interesados) pero se a demanda é grande, poderíanse facer varios grupos en cada un dos locais anteriores.
O programa é totalmente gratuíto e durará 6 meses. Para anotarse ou solicitar máis información chamar ao 699170169 (Chelo).