lunes, 4 de mayo de 2009

RUTA DE SENDEIRISMO POLO CAMIÑO REAL E HOMENAXE A RAMÓN PIÑEIRO

O pasado domingo, día 3 de maio de 2009, 40 persoas da A.C. Arumes do Corgo (xunto con algunha persoa da Asociación Val de Láncara e a Asociación de Veciños de Anseán, como entidades colaboradoras), realizaron unha ruta de sendeirismo entre a Antiga casa do concello de Láncara (en Carracedo) e a igrexa parroquial de Anseán.


Á saída realizouse unha ofrenda floral ante o busto de Ramón Piñeiro como homenaxe no ano en que a RAG lle dedica o día das Letras Galegas.


Ao longo dos 11,5 km os camiñantes puideron desfrutar de numerosos elementos patrimoniais que foron oportunamente comentados (ponte de Carracedo, igrexa de Bande, ponte de Lago...).


Ao final da xornada celebrouse un xantar de confraternización na antiga casa rectoral de Anseán (actual sé da Asociación de Veciños de Anseán) na que estaba exposta unha colección etnográfica sobre o liño.

No hay comentarios: