sábado, 28 de noviembre de 2009

CREACIÓN DO CLUB DE ATLETISMO ARUMES-AREA 10

A Asociación Cultural Arumes do Corgo e a Escola Clube Área 10 van a colaborar nun novo proxecto deportivo para o concello do Corgo. Trátase como non, dun club de atletismo que nace baixo o paraugas da A. C. Arumes do Corgo, única entidade do concello que ata o de agora traballou no campo do atletismo coa organización da I Carreira Popular ARUMES do Corgo, e tamén da E. C. Área 10, unha asociación de recente creación que naceu no 2009 co fin de introducir as ganas polo deporte entre os nenos en período escolar sen esquecer a xente adulta. Un novo proxecto apaixoante que abre unha nova vía no campo deportivo do noso concello.



http://arumesarea10.blogspot.com/

arumesarea10@gmail.com

A XUNTA DIRECTIVA

2 comentarios:

Unknown dijo...

Moi boa idea, conozco moita xente interesada en correr. Felicidades os de Arumes e Área 10.

chelo dijo...

Despois do éxito da carreira popular organizada por Arumes en Agosto 2009 e outras actividades desenvolvidas por esta Asociación, moi ben o da creación dun club de atletismo, xunto con Area 10. O corgo en luz, O corgo sigue vivo! grazas Arumes.