sábado, 28 de noviembre de 2009

HOMENAXE AOS PROFESORES REPRESALIADOS POLO FRANQUISMO. PRESENTACIÓN DO LIBRO “EL MAESTRO DE ZAÍN” DE DOLORES SEIJAS SOTO (SÁBADO, 19 DE DECEMBRO DE 20

Os mestres de primaria e os profesores de secundaria xogaron sempre un papel moi importante como transmisores dos idearios da igualdade, da solidariedade, da paz… como engrenaxes vitais das nosas vidas. Dende a A.C. Arumes do Corgo parécenos moi importante o lavado da imaxe de moitos dos profesores que se opuxeron ao réxime e que se viron represaliados despois da Guerra Civil Española.

Nese contexto, faremos a presentación de “El maestro de Zaín”, homenaxe a unha das figuras máis importantes do magisterio lucense, Luis Soto Menor, que sufríu nas súas carnes a vinganza da posguerra. O acto de recuperación da memoria histórica e a presentación do libro levaranse a cabo no Centro Sociocultural do Corgo, ás 19:00 h.

CLUB DE LECTURA

Dado o gran éxito do Club de lectura do primeiro semestre, a A.C. Arumes do Corgo enfronta con gran ilusión esta segunda edición. O libro escollido é “Cando petan na porta pola noite” de Xabier P. Docampo (Premio Nacional de Literatura Infantil). Se está interesado en participar póñase en contacto coa Asociación co fin de adquirir o libro ou empregar o servizo de préstamo da Asociación. O encontro co autor será o sábado, 12 de decembro de 2009 ás 19:00 h, no Centro Sociocultural do Corgo, co fin de que preguntedes ao autor todo o que vos pareza interesante tanto do libro, como da enorme obra literaria como da súa vida como literato.

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA, KM 0 (MARTES, 1 DE DECEMBRO DE 2009)

Saída ás 9:15 h en fronte do Centro Sociocultural do Corgo. Visita ao Pazo de San Marcos (recepción no salón de actos da Deputación), obradoiro no Centro de Artesanía e Deseño e excursión pola Ribeira Sacra (adega, pequena ruta de sendeirismo...) onde realizaremos o xantar. Chegada aproximada ás 20:30 h. Existen 48 prazas que se cubrirán por orde de chegada tendo preferencia os socios ante os que non o sexan. AQUELES INTERESADOS EN PARTICIPAR TEÑEN QUE CHAMAR ANTES DO MARTES, 24 DE NOVEMBRO, PARA RESERVAR PRAZA.

ESTA ACTIVIDADE REALÍZASE CONXUNTAMENTE CO CENTRO DE ESTUDOS DO CORGO

http://ocorgo.blogspot.com

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA, KM 0 (MARTES, 1 DE DECEMBRO DE 2009)

Saída ás 9:15 h en fronte do Centro Sociocultural do Corgo. Visita ao Pazo de San Marcos (recepción no salón de actos da Deputación), obradoiro no Centro de Artesanía e Deseño e excursión pola Ribeira Sacra (adega, pequena ruta de sendeirismo...) onde realizaremos o xantar. Chegada aproximada ás 20:30 h. Existen 48 prazas que se cubrirán por orde de chegada tendo preferencia os socios ante os que non o sexan. AQUELES INTERESADOS EN PARTICIPAR TEÑEN QUE CHAMAR ANTES DO MARTES, 24 DE NOVEMBRO, PARA RESERVAR PRAZA.

VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN “OS PINTORES DE ARTAL. PINTURA ESPAÑOLA DO MUSEO DA HABANA” (MÉRCORES, 25 DE NOVEMBRO DE 2009)

Visita guiada da exposición pictórica na Fundación Caixa Galicia (no fondo da Praza Maior de Lugo). Punto de encontro, en fronte da porta principal ás 20:00 h. Duración aproximada, 40 min.

EXCURSIÓN A ALLARIZ-CELANOVA (SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO DE 2009)

Saída ás 7:45 h en fronte do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes (antigo feminino) e ás 8:00 h en fronte do Centro Sociocultural do Corgo. Visita guiada ao mosteiro de Celanova, paseo pola vila e xantar en Allariz, onde poderedes gozar da Feira de Outono e dos numerosos museos da vila ourensá. Prevese o regreso arredor das 22:00 h. O xantar inclúe pinchos de primeiro (empanada, tortilla...), carne (tenreira estofada con guarnición) ou peixe (salmón á plancha) a elixir de segundo, postre, viño da casa e café. Os socios só teñen que pagar 16 € (visita guiada e xantar), mentres que os non socios terán que pagar a maiores o equivalente da cota anual, é dicir, 10 € (ou facerse socios). Existen 55 prazas que se cubrirán por orde de chegada tendo preferencia os socios ante os que non o sexan. AQUELES INTERESADOS EN PARTICIPAR TEÑEN QUE CHAMAR ANTES DO MARTES, 3 DE NOVEMBRO, PARA RESERVAR PRAZA E ELIXIR O 2º PRATO (CARNE OU PEIXE).

miércoles, 23 de septiembre de 2009

III Certame Literario "Terras de Chamoso"

Por terceiro ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, quere premiar a todos os autoras que expresan no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego.As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.
4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo).
5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 27 de novembro de 2009.
6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 26 de decembro de 2009 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario chamar ao número de teléfono: 626739390.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, A NOSA LINGUA BEN MERECE UN ESFORZO!