Domingo 28 de outubro. Constará dunha saída o campo. Partiremos ás 11 da mañá
do campo da feira de Gomeán. Ao mediodia faremos un recoñecemento das
especies recollidas co asesoramento do Sr Folgueiras (conferenciante do
ano pasado). Dependendo da hora á que regresemos ao mediodía, pola
tarde voltaremos a saír a recoller máis cogumelos. A xente que
participe terá que levar comida e bebida para o xantar.
miércoles, 10 de octubre de 2012
miércoles, 12 de septiembre de 2012
Próximas actividades
Relación de actividades que se realizarán próximamente:
-Revista Corga. A presentación do nº 3 da revista Corga, editada polo Centro de Estudos do Corgo coa colaboración de Arumes, terá lugar o xoves 20 de setembro.
Hora: ás 8 da tarde na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo) de Lugo, a
entrada é gratuíta e aos asistentes faráselles entrega dun exemplar
da revista.
-Actuación do grupo de teatro “Nova Escena”: Sábado 29 de setembro
Hora: ás 8 da tarde no Centro Sociocultural do Corgo. Entrada gratuíta.
Posta en escea da obra: “A herdanza da tía Constanza”.
Sinopse
. A señora Constanza, unha rica propietaria acaba de morrer. Os seus
herdeiros reúnense, a instancias do notario, no pazo que sempre
habitara. A lectura do testamento terá lugar na presenza dunha
espiritista: será herdeiro único aquel que sexa quen de pasar a noite
seguinte no pazo…………….
-Excursión Km0: Xoves 11 de outubro. Prazo máximo para inscribirse: domingo 23 de setembro. Lembrade que o momento de inscribirse tedes que pagar o importe da excursión que será de 5 ou 8 € dependendo do número de persoas que se apunten á excursión.
Programa: Visita complementaria a ”Productora de Tv”, cun percorrido a pé (hai que levar roupa e calzado cómodo), e como itinerario provincial as “Pallozas do Cebreiro”.
-IV Carreira Popular : Sábado 27 de outubro. Celebrarase pola mañá, (en fronte do CEIP do Corgo) a cuarta carreira popular pedestre “ ARUMES DO CORGO”.
-Curso de Micoloxia: A comenzos de novembro. Constara de varias actividades ( saída o campo, conferencia……..), a data dependerá de cando aparezan os primeiros cogumelos.
-Actuación do grupo “Teatro Hospital de Lugo”.Sábado 10 de novembro
Hora: ás 8 da tarde no Centro Sociocultural do Corgo. Entrada gratuíta.
Posta en escea da obra : “O anel máxico”. Sinopse.
Trátase dunha peza cómica na que o autor, baseándose nun feito real do
somnambulismo xoga con outros tres elementos: a) Sospeita da
infidelidade de dona Arxentina. B) Os celos do seu home, Calandrino, c) O
poder máxico dun ANELO que o leva a preguntarse: “E eu quen veño
sendo”.
-Excursión ás Covas de Valporquero (León). Domingo 11 de novembro. O prazo de inscrición será até o mércores 31 de outubro.
Hora de saída: ás 7 da mañá de detrás do Concello do Corgo (o autobus fará unha parada anterior en Laxosa ás 7 menos cuarto)
Prezo: 30€ para os socios (inclúe: autobus, comida e entrada ás covas (4,25 € ), e 35€ para os non socios, e sempre que queden vacantes.
Pola
mañá faremos a visita ás Covas onde poderemos admirar as súas
estalactitas e estalagmitas, e despois trasladaremonos a Vegacervera
para asistir a XXII Feira da Cecina do Chivo.
-VI Certame Literario “Terras de Chamoso”. O 15 de novembro remata
o prazo para entregar as obras ao VI Certame Literario “Terras de
Chamoso”, en calquera das súas categorias (infantil, xuvenil e adultos)
e modalidade (poesía e relato curto). MOI IMPORTANTE LEMBRAR QUE O PRAZO DE ENTREGA DE OBRAS REMATA O 15 DE NOVEMBRO.
-Club de Lectura. O encontro co autor serÁ o venres 16 de novembro na Casa das Asociacións (antigas escolas do Corgo). O autor escollido para esta ocasión é Marica Campo, e o libro “Confusión e morte de María Balteira”.
Os socios interesados poden adquirilo eles mesmos nas librarías,
encargalo mediante a asociación, ou pedilo prestado da biblioteca da
asociación.
-VI Certame Literario “Terras de Chamoso”. O Certame Literario concluirá co acto de entrega de premios aos gañadores que será o dia 22 de decembro (sábado) no Centro Sociocultural do Corgo.
Anímate. Gustaríanos contar coa túa presenza nas actividades que temos programadas.
miércoles, 13 de junio de 2012
Excursión a Padrón e Club de lectura
O domingo 20 de maio un numeroso grupo de socios da A.C. Arumes do Corgo viaxaron ata Padrón.
Os participantes visitaron, entre outros atractivos da zona, o xardín botánico ou a casa, hoxe museo, que pertenceu á grande figura das Letras Galegas Rosalía de Castro e os impresionantes xardíns do Pazo de Oca.
Outra actividade realizada recentemente pola A.C. Arumes do Corgo, xa consolidada ao longo de varias edicións, é o club de lectura. Nesta ocasión o autor elixido foi Isidro Novo coa súa obra "Cabalo do demo e outros invertebrados". O encontro co autor tivo lugar o venres 25 de maio, na Casa das Asociacións. Os asistentes tiveron a posibilidade de falar co autor acerca do libro en cuestión ou do seu traballo en xeral.

miércoles, 30 de mayo de 2012
Ruta circular por Manán
O domingo 13 de maio, un grupo de membros da A.C. Arumes do Corgo realizaron unha ruta circular polo entorno dunha das parroquias do noso concello, a parroquia de Manán.
O percorrido, de aproximadamente uns 8-9 Km, comezou ás 9 da mañá en San Cosme de Manán, e dende alí continuou por Hospital, A Chantada, Santa Mariña (onde se visitaron os sartegos que se atopan neste lugar), Mazo de Santa Comba, Lousado, Placer, Campa e Castro de Manán.
Unha vez finalizado o percorrido, visitouse a fragua do ferreiro de Manán, que realizou unha demostración de cómo se traballa o ferro.

miércoles, 9 de mayo de 2012
Próximas actividades da A.C. Arumes do Corgo
Nos próximos días a A.C. Arumes do Corgo ten previsto realizar as seguintes actividades:
Ruta circular por Manán. Domingo, 13 de maio. Distancia circuíto: 8-9 km.
Hora de saída: ás 9 da mañá de San Cosme de Manán (aparcadoiros na praza e na entrada de Manán). Accesos: Dende a estrada C-546 (Lugo-Sarria) indicador "San Cosme de Manán".
Percorrido: San Cosme de Manán-Hospital-A Chantada-Santa Mariña (visita aos sartegos)-Mazo de Santa Comba-Lousado-Placer-Campa-Castro de Manán. O final do percorrido visitaremos a fragua do ferreiro de Manán que nos fará unha demostración de cómo se traballa o ferro.
Dispoñemos dun local habilitado en Manán para poder comer o “bocata” (para aquelas persoas que o consideren e pola súa conta). A organización convida a viño e licores.
Excursión dun día: Padrón/Pazo de Oca. Domingo, 20 de maio. Prazo máximo para inscribirse: domingo 13 de maio. Custo 36 € (inclúe autobús, comida e entradas). Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 45 persoas.
Programa: Padrón: visita do Xardín Botánico, Santiaguiño “O pedron”, visita á casa museo de Rosalía de Castro (entrada incluída). Comida. Visita aos xardíns do Pazo de Oca (entrada incluída).
Club de lectura. O encontro co autor será o día venres, 25 maio, ás 20:30 h na Casa das Asociacións (antigas escolas do Corgo). O autor escollido para esta ocasión é Isidro Novo, co libro "Cabalo do demo e outros invertebrados". Os socios interesados poden adquirilo eles mesmos nas librarías, encargalos mediante a asociación ou pedilos prestados da biblioteca da asociación.
Encontro de asociacións. Día: Sábado, 26 de maio. O prazo de inscrición será ata o domingo, 13 de maio. Nesta ocasión a asociación encargada da organización é A.C. de Amigos do Patrimonio de Castroverde.
Feira do viño de Barrantes. Día 2 ou 3 de xuño (estamos pendentes de que publiquen o programa da festa).
Ruta circular por Franqueán. Día: Domingo, 17 de xuño. Distancia circuito: 10-11 km. Hora de saída: ás 9 da mañá xunto ao local social de Franqueán. Accesos: dende a autovía A6 saída "Corgo-Castroverde" ou dende a N-VI, indicador: Franqueán.
Percorrido: Franqueán-Muíño de Lucas-Monte de Silva-Fonte do Monte-Folgosa-Piñeiro (parada no pazo)-Reboredo-Vilacorbe-Férveda ou Cérvora (medorras)- Franqueán.
A organización dispón dun local habilitado (local social de Franqueán), para aquelas persoas que queiran e pola súa conta poidan facer o abituallamento con tranquilidade ao final da ruta. A organización convida a viño e licores.
Ruta polas Fraguas do Eume. Domingo, 8 de xullo. O prazo de inscrición será ata o domingo, 1 de xullo. Cada quen terá que levar a súa propia comida e bebida, porque xantaremos dentro da fraga.
Excursión Km0. Mércores, 18 de xullo. Prazo máximo para inscribirse: domingo 1 de xullo. Lembrade que no momento de inscribirse tedes que pagar o importe da excursión que será de 5 ou 8 € dependendo do número de persoas que se apunten á excursión.
Programa: visita complementaria ás ”Insuas do Miño en Rábade”, cun percorrido a pé (hai que levar roupa e calzado cómodo) e como itinerario provincial “Viveiro Histórico”.
Actuación do grupo de teatro “Nova Escena”: Sábado, 29 de setembro ás 8 da tarde no Centro Sociocultural do Corgo.
Actuación do grupo “Teatro Hospital de Lugo”: Sábado, 10 de novembro ás 8 da tarde no Centro Sociocultural do Corgo.
Anímate. Gustaríanos contar coa túa presenza nas actividades.

Gañadores da III Carreira popular Arumes do Corgo
O día 22 de outubro de 2011 tivo lugar a celebración da terceira edición da Carreira Popular Arumes do Corgo. A carreira contou cun grande número de participantes, ao igual que anteriores edicións, o que converteu nun novo éxito de participación. Gustavo Platas resultou vencedor, que entrou en solitario e con ampla vantaxe na meta instalada ao carón do CEIP do Corgo, seguido de Juan Pena Holguín e José Manuel Corral López, na categoría xeral absoluta. Na categoría feminina, a primeira foi Águeda Blanco Pérez, que entrou antes de María Hurtado Sanjurjo, e Iria Castro Rodríguez, que foi 3ª no posto feminino absoluto e tamén 1ª en promesas.

Os resultados de todas as categorías foron os seguintes:
Júnior masculina:
1ºIván Armesto Fdez
2º Ricardo Fdez García
Júnior feminina:
1ª Mar López Rodríguez
Promesa masculina:
1º Marcos Oro Vence
2º Constantin Dragomir
Promesa feminina:
1ª Iria Castro
Sénior masculina:
1º Gustavo Platas
2º Juan Pena Holguín
3º Fernando Pérez Fernández
Sénior feminina:
1ª Águeda Blanco Pérez
2ª María Hurtado
3ª Luísa González Somoza
Veteranos 1:
1º José Manuel Corral
2º José Manuel Teijeiro Vila
3º José Luís Valiña Méndez
Veteranas 1:
1ª María Elva Méndez
2ª Sonia Vázquez Rodríguez
3ª Enma Iglesias Penelas
Veteranos 2:
1º Tito Gallego Moure
2º Juan José Casanova Vázquez
3º Gerardo Pérez Lenza
Veteranas 2:
1º Teresa Corral Marcos
2ª Ana María Ferradás Barrera
3ª María Xesús Adán López
Veteranos 3:
1º Javier Toro Montero
2º Manuel Vigo Mourullo
3º José Manuel Caramés
Dende a A.C. Arumes do Corgo damos a noraboa aos gañadores e agradecemos a participación de tódolos atletas nesta xornada deportiva. Agardamos contar coa súa presenza en vindeiras edicións.

lunes, 9 de abril de 2012
Excursión a Salamanca e Zamora
Os días 24 e 25 de marzo un grupo de socios da A. C. Arumes do Corgo realizou unha viaxe cultural polas cidades de Alba de Tormes, Salamanca, Ciudad Rodrigo e Zamora.
Na primeira das xornadas os participantes visitaron Alba de Tormes durante a mañá, achegándose despois de xantar á cidade de Salamanca, declarada Patrimonio da Humanidade, e disfrutaron de todo o seu conxunto monumental, destacando a Praza Maior de estilo barroco, o conxunto catedralicio e a Universidade.
Logo de pasar a noite, os socios desprazáronse ata Ciudad Rodrigo, cidade medieval amurallada. Pola tarde, continuaron ata a cidade de Zamora, onde disfrutaron dunha panorámica do río Douro e dunha visita pola localidade. Ao rematar a tarde, os participantes volveron ao Corgo despois de disfrutar de dúas xornadas de lecer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)