Sendo as 19:45 h do día 11 de decembro de 2023, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XVII edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:
D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna. Montserrat González Álvarez
D. Xesús Bermúdez Tellado (Suso de
Merelas)
D. Manuel Vázquez
Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario
da A.C. Arumes do Corgo D. Mario Outeiro Iglesias.
Logo das deliberacións pertinentes e das votacións
oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XVII edición do
certame literario “Terras de Chamoso” como segue:
CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade:
poesía
1º
premio: Paula Reija Folgueira, de
Castroverde, pola obra “Morriña de Galicia”.
2º
premio: Daniela Freire Toimil, de Montecubeiro
(Castroverde), pola obra “Miña terriña galega”.
Modalidade:
relato
1º
premio: Mia Shine Yáñez, de Arxemil (O
Corgo), pola obra “A pereira da tía Miseria”.
2º
premio: Carla Carracedo Fernández, de
Castroverde, pola obra “Vivencias dos labregos nos anos 40-50”.
Accésit: Daniela Alvariño Pereira, da Fontaneira
(Baleira), pola obra “A nena á que non lle comeu a lingua o gato”.
Premio
“A Legua Dereita”: Carla Carracedo Fernández, de Castroverde, pola obra
“Vivencias dos labregos nos anos 40-50”.
CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade:
poesía
1º
premio: deserto.
2º
premio: Uxía Seoane Duro, da Estrada
(Pontevedra), pola obra “A miña terra”.
Modalidade:
relato
1º
premio: deserto.
2º
premio: Ana Lestao Ben, de Burela, pola
obra “As cousas cambian”.
CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade:
poesía
1º
premio: Jorge Carril Espido, da Coruña, pola
obra “Lembranza”.
2º
premio: Susana Antón Mandayo, de Pontevedra,
pola obra “Explicación da explicación”.
Modalidade:
relato
1º
premio: Adrián Pérez Bote, de Madrid, pola
obra “A defensa d’O Val”.
2º
premio: Julio Romero Suárez, de Arteixo
(A Coruña), pola obra “O miradoiro de Suevos”.
Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Ainhoa
Sancosmed López pola axuda prestada para a elección do Premio “A Legua Dereita”
e de D. Manuel Fernández López e Dna. Chelo Vázquez Castro polo seu asesoramento
nas categorías infantil e xuvenil.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a
sesión, cando son as 21:00 h do día 11 de decembro de 2023.