O sábado, 16 de abril de 2011, celebrarase o cuarto ciclo de conferencias arredor do concello do Corgo no Centro Sociocultural do Corgo ás 20:00 h. Nesta ocasión os relatorios serán:
- Xosé Manuel CASTRO CASTEDO: “O galego en Queizán. Vocalismo, consonantismo e fonética sintáctica”.
- Jesús ABUÍN ARIAS e Josefa GONZÁLEZ DÍAZ: “O pazo do corgo”.
- José Luis GARROSA GUDE: “O traballo compilador de Francisco Vázquez Saco: as oracións de elaboración do pan e outras tradicións orais do Corgo”.
- Mario OUTEIRO IGLESIAS: “Recollida do patrimonio inmaterial no Corgo: unha materia pendente”.