lunes, 15 de diciembre de 2008

II CERTAME LITERARIO TERRAS DE CHAMOSO

ENTREGA DE PREMIOS


DATA: 26 de decembro de 2008
LUGAR: Centro sociocultural do Corgo
HORARIO: ás 21:00 h

PROGRAMA:

  • ACTUACIÓN DA A.C. LEGUA DEREITA
  • ENTREGA DE PREMIOS
  • RECITAL DE POESÍAS GAÑADORAS
  • ESPECTÁCULO DE REGUEIFAS A CARGO DE LUÍS “O CARUNCHO”, BENITO E JOSIÑO.

FELIZ ANINOVO!


domingo, 30 de noviembre de 2008

Exposición de Fotografías Etnográficas

A TERRA E OS HOMES
Walter Ebeling

DATAS: 6, 7 e 8 de decembro de 2008
LUGAR: Centro Sociocultural do Corgo
HORARIO: das 11:00 ás 14:00 h e das 17:00 ás 20:00 h

II Xornadas de Oficios Artesanais

A CESTERÍA

DATAS: 6, 7 e 8 de decembro de 2008
LUGAR: Centro Sociocultural do Corgo
HORARIO: das 11:00 ás 14:00 h e das 17:00 ás 20:00 h

DEMOSTRACIÓN DE CESTERÍA
  • IDOIA CUESTA (sábado todo o día).
  • MANOLO DE VILABOA (domingo pola tarde).
  • CASA DO SILLEIRO (domingo pola tarde).

EXPOSICIÓN PERMANENTE DE CESTERÍA

sábado, 8 de noviembre de 2008

Excursión polo corazón dos Ancares

DOMINGO, 16 DE NOVEMBRO DE 2008

PROGRAMA

8:00 h Saída do aparcadoiro da Área de Servizo “Gomeán Express”.
8:45 h Visita ás Pontes de Gatín: muíño e ponte medieval.
9:30 h Visita ao castelo de Doiras.
11:00 h Visita á igrexa de Donís, a “catedral dos Ancares”.
11:30 h Chegada a Piornedo para realizar unha ruta de sendeirismo polas proximidades: Chao das Penas, Agulleiro… (dificultade media).
15:00 h Xantar nun restaurante de Piornedo.
17:00 h Visita guiada á Palloza Museo “Casa do Sesto” e proxección de dous audiovisuais relacionados coas visitas da mañá.
18:30 h Regreso por Navia de Suarna (con parada “optativa” na vila).

Chegada ao Corgo entre as 20:00 h e as 21:00 h.

Para máis información e para apuntarse chamar ao 626 73 93 90.

sábado, 18 de octubre de 2008

II Certame Literario "Terras de Chamoso"

Por segundo ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, quere premiar a todos as/os autoras/es que expresan no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego.

As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos)
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo.
4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Arumes. Guimarás 12, 27.163 O Corgo (Lugo).
5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 5 de decembro de 2008.
6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o venres, día 26 de decembro de 2008 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario chamar ao número de teléfono: 626739390.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, A NOSA LINGUA BEN MERECE UN ESFORZO!

viernes, 5 de septiembre de 2008

Campaña de captación de socios

Nos tres anos de vida da Asociación, os promotores da mesma realizaron dende sempre actividades abertas a todos os públicos (fundamentalmente veciños do concello do Corgo e da contorna). Despois desta andaina (cinema, maxia, patrimonio, lingua e literatura, natureza...), é hora de formalizar relacións e apoiar dende dentro a Asociación para que siga medrando na calidade e na cantidade de actividades (abertas ou nas que os socios teñan certas vantaxes).

Os menores de 18 anos (socios xuvenís) teñen unha cota anual de 5 €, mentres que os demais socios numerarios teñen unha cota anual de 10 € (por domiciliación bancaria). Así que apoia a Arumes asociandote e participando no deseño e na realización de actividades.

Baixar boletín de inscrición.

lunes, 1 de septiembre de 2008

III Xornadas sobre patrimonio

A riqueza fluvial nas Terras de Chamoso

A Asociación Cultural Arumes do Corgo convídate a participar nas "III Xornadas sobre patrimonio", que nesta terceira edición se centran no patrimonio natural e en concreto na "Riqueza Fluvial das Terras de Chamoso".

Este evento que todos os anos reúne á xente interesada no patrimonio do concello do Corgo e da contorna, celebrarase os días 13 e 14 de setembro cun programa do máis variado. As rutas de sendeirismo e os relatorios temáticos, xúntanse este ano con actividades de lecer (música e baile tradicional, xogos populares e contacontos), con visitas guiadas e táboas redondas.

Ver o programa de actividades

Como chegar ás actividades (mapas)


A maiores editarase un libriño (arredor de 1000 exemplares) sobre a Riqueza fluvial das Terras de Chamoso, que recolle, ademais de información xeral sobre o tema, todo o patrimonio a destacar nas proximidades das dúas rutas de sendeirismo que se realizarán nas xornadas.

Quen somos?


FICHA TÉCNICA

DATA FUNDACIONAL: 7 de outubro de 2005
TELÉFONO
: 626 73 93 90
CORREO-E: arumescorgo@gmail.com
PÁXINA WEB:
http://arumescorgo.blogspot.com/


QUEN SOMOS?

A Asociación Cultural Arumes do Corgo é un colectivo con tres anos de actividade preocupado pola cultura do país e centrado no territorio de actuación que é o Concello do Corgo e arredores. Patrimonio, natureza, literatura, etnografía, lecer... son campos nos que levamos traballado ata o de agora coa axuda das institucións públicas e a colaboración con varias asociacións da comarca.

QUE FIXEMOS?

2005
  • Xornadas de maxia e cinema (Nadal).

2006

  • Contacontos: Fátima (Semana Santa).
  • Ruta do Camiño Real (Semana Santa e verán).
  • II Xornadas de cinema (verán).
  • I Xornadas sobre patriomonio: “a Vía romana XIX-XX” (setembro).

2007

  • III Xornadas de cinema (verán).
  • II xornadas sobre patrimonio: “O Corgo na ruta xacobea” (setembro).
  • Catalogación dos sartegos do Corgo (setembro).
  • I Certame Literario “Terras de Chamoso” (Nadal).

2008

  • I Xornadas de oficios artesanais: “O tecido” (Semana Santa).
  • Cen anos de Himno, en colaboración coa A.C. Legua dereita (Maio).
  • Ruta Albardeiro-Adai, en colaboración coa A.C. Amigos do Patrimonio de Castroverde (Maio).

QUE FAREMOS?

Antes de final de ano (pero sen data definida) queremos levar a cabo as seguintes actividades:

  • III Xornadas sobre patrimonio: “A riqueza fluvial nas Terras de Chamoso”.
  • II Certame Literario “Terras de Chamoso”.
  • II Xornadas de oficios artesanais: “A cestería”.
  • Excursións.