Visita á exposición: “Tear, tecidos e teceláns”.
Mércores 19 de febreiro
Lugar.Capela de Santa María.
Hora : 17:00 h (diante da capela). Nesta mostra recréase todo o proceso de fabricación artesá dun produto téxtil dende o momento da preparación do fío. Exhíbense máis de 20 pezas, entre as que figuran un tear, urdideiras ou lizos, así como 15 mostras de diferentes tecidos realizados con esta técnica. Na Sala do Centro de Artesanía tamén se amosan ó público 15 pezas realizadas con tear tradicional con materiais como estopa, algodón, lá de ovella tinguida ou liño.
Asistiremos ademais a unha demostración en vivo na Sala de Exposicións do Centrad. A entrada á exposición e ás demostracións é gratuita.
Celebración do entroido: Xantar de confraternización
Sábado 1 de marzo
Hora:14:00h no Hostal Prados (NVI -Veiga de Anzuelos (fronte a Leite Río)). Prazo máximo para apuntarse: 23 de febreiro.
Prezo: 15€.
Curso de inxertos, poda, e pragas de árbores frutais. Sábado 22 de marzo
Clases teóricas e practicas.
Prazo máximo para apuntarse: 15 de marzo
Excursión a Rioxa e Haro.- Sábado e Domingo (29 e 30 de marzo).
Prezo: 105€ socios (inclúe: autobús, comida, cena e aloxamento do sábado, almorzo e comida do domingo, guía, e seguro de viaxe. Non inclúe entradas aos monumentos) - 110€ non socios (sempre que queden vacantes).
Prazo máximo para apuntarse e pagar: 9 de marzo.
(Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 40 persoas).
Club de Lectura.- Escolleuse nesta edición ao autor Xosé Miranda. Proximamente comunicaremos a obra escollida.
Ruta de sendeirismo: A Fonsagrada-Rio de Porcos. Sábado 26 de abril
Prazo máximo para apuntarse: 20 de abril
Encontro das Asociacións: Sábado 31 de maio
Asociación organizadora: Arcas de Sarria
Programa: 9:30 chegada dos grupos participantes ao Hotel Alfonso IX- 10:15 comezo do roteiro “Da Foz das Aceas” polas beiras do rio Sarria. 14:30 Xantar
Prazo : Ata o 15 de marzo (para que poidan reservar con antelación o restaurante).
Excursión a Combarro-Mosteiro de Poio: Domingo 22 de xuño
Prazo máximo para apuntarse : 15 de xuño.
Viaxe gastronómica: Feira do viño de Valdeorras: Domingo 13 de xullo
II Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes:
Domingo 27 de xullo
Lugar: Carballeira do San Bernabé (Castrillón)
Hora: 14.00 h..- Cada socio que queira participar, terá que poñerse en contacto cos socios organizadores, para indicar o número de persoas que vai levar á xuntanza. O importe total dividirase polo número de asistentes que participen.
Prazo máximo para apuntarse: 20 de xullo
Tamén continuaremos a realizar etapas do Camiño de Santiago, ata chegarmos a Fisterra. Anunciaremos proximamente as datas.
Agardamos dende a A.C. Arumes que as actividades sexan do voso agrado e nos acompañedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario