- Teatro: O grupo de teatro os Baluros poñeran en escea a obra “ O menciñeiro á forza” Sábado 23 de abril.
Sinopse: Marta
é a muller de Nicasio, un xornaleiro bonachón. Ela provócao e el acaba
por zoupala, pero sen facerlle dano. Como Marta coñece a bondade do seu
marido, sabe que este vaina querer recompensar. Por iso que maquina unha
vinganza: facerlles crer aos criados de Don Xulián, que andan a buscar
un menciñeiro para a súa filla, que Nicaso é un dos mellorciños que hai.
Os criados levan a Nicasio pola forza a ver a Engracita, a cal perdeu a
fala non se sabe porque mal. Pero todo é ficticio, o que pretende
Engracita é que seu pai a deixa casar co seu mozo e non con quen Don
Xulián ten planeado. Ao final todo acaba ben, pero non se pode contar
máis.
Hora: 20:00h, no Centro Sociocultural do Corgo.
- Ruta de sendeirismo polas Rías Altas (Espasante, Vicedo...). Percorrido aproximado: 17,8 km. Sábado 14 de maio.
Prazo máximo para apuntarse: 7 maio.
- IX Encontro das Asociacións: Sábado, 28 de maio. Asociación organizadora: A Canteira de Neda ( Ferrol).
Programación: 10:00h
Xuntanza no Albergue do Camiño Inglés (desembocadura do rio Xubia, onde
empeza a Ría de Ferrol). Faremos un percorrido de 2km, polo camiño
inglés. A continuación faremos a “Ruta dos Muíños”: 9 km. Con avituallamento na Área de Maciñeiras.
13:40 h xantar no pabellón do Roxal.
Prazo máximo para apuntarse e pagar: 15 de maio.
- Excursión a Zaragoza-Calatayud. Sabado 4 e domingo 5 de xuño.
Prazo máximo para apuntarse: 14 de abril.
(Só se realizará esta excursión se acadamos un mínimo de 40 persoas).
- III Xuntanza de verán dos socios e familiares da A.C. Arumes do Corgo: Domingo 17 de xullo.
- Viaxe gastronómica: Festa do bonito de Burela. Agosto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario