ACTA
DA REUNIÓN DO XURADO DOS PREMIOS DA XI EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO “TERRAS DE
CHAMOSO”
Sendo as 18:30 h do día 12 de decembro de 2017, na
localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da XI
edición do certame literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación
Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte:
D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano
D. Xosé Manuel Castro Castedo
Dna. Ánxela Gracián
D. Carlos Coira Nieto
D. Mario Outeiro Iglesias
Exercendo de secretaria do xurado, sen voto, a presidenta
da A.C. Arumes do Corgo Dna. Josefa González Díaz.
Logo das deliberacións pertinentes e das votacións
oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na XI edición do
certame literario “Terras de Chamoso” como segue:
CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade:
poesía
1º
premio: Miguel Villanueva Moretón, de Gracián-Arcos
(Castroverde), pola obra “Queiman Galicia”.
2º
premio: Yare Brea Espinosa, da Coruña, pola
obra “O mosto do magosto”.
1º
accésit: Nerea Campos Castro, do Corgo,
pola obra “O bosque”.
Modalidade:
relato
1º
premio: María Calvar Giráldez, de Mos
(Pontevedra), pola obra “Carmen, a esperanza de dona Gloria”.
2º
premio: Álvaro Muñiz Pérez, de Barredo
(Castroverde), pola obra “Ditos das miñas avoas”.
CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade:
poesía
1º
premio: Natalia Lema Otero, de Vimianzo
(A Coruña), pola obra “Miserias do home”.
2º
premio: Laura López Esteban, de Lugo,
pola obra “A confección dos soños”.
Modalidade:
relato
1º
premio: Adrián Noia Vázquez, de Santiago
de Compostela, pola obra “Diario dunha marea negra”.
2º
premio: Juan Carlos Regueiro García, da
Coruña, pola obra “Domingo, o Curuxo”.
CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade:
poesía
1º
premio: María Teresa Iglesias Yugat, de Santiago
de Compostela, pola obra “Pensarte”.
2º
premio: José Ramón Sánchez Varela, de Carballo
(A Coruña), pola obra “Días de inverno e fedor a loito”.
Modalidade:
relato
1º
premio: Xosé Sobral Amoedo, de Santiago
de Compostela, pola obra “A importancia dos detalles”.
2º
premio: Jonatán Cabaleiro, de Ponferrada,
pola obra “O rescate do grandón”.
Os membros do xurado agradecen a colaboración de Dna. Mª
Consuelo Vázquez Castro e D. Manuel Fernández López polo seu asesoramento nas
categorías infantil e xuvenil. Asemade, xustifican o accésit entregado na categoría
infantil pola cantidade de obras presentadas e pola calidade das obras
gañadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario